Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 04 de xullo de 2003 Páx. 8.960

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Sementes de Galicia, S.L.

Visto o acordo da revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Sementes de Galicia, S.L. (código 2700822), da provincia de Lugo, asinado o día 31 de marzo de 2003 pola representación da dita empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90, puntos 2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Esta

tuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da revisión do dito convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 28 de abril de 2003.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

ANEXO I

Táboas salariais

(Regularización ano 2002)

Categoría profesional

Salario base

mensual

Retribución

anual

Director xerente1.652,7923.139,06
Técnico xefe1.275,0317.850,42
Xefe comercial1.275,0317.850,42
Técnico850,0211.900,28
Técnico en prácticas708,359.916,90
Xefe administración1.086,1515.206,10
Oficial administrativo779,1910.908,66
Auxiliar administrativo661,129.255,68
Encargado802,8011.239,20
Oficial de 1ª731,9610.247,44
Oficial de 2ª661,129.255,68
Peón especialista637,528.925,28
Peón604,478.462,58
Ordenanza/conserxe604,478.462,58
Limpador5,96/hora

Nota. Na categoría profesional de limpador, o salario hora inclúe a parte proporcional do descanso semanal e festivos.

ANEXO II

Táboas salariais

(Vixencia desde o 1-1-2003 ata o 31-12-2003)

Categoría profesional

Salario base

mensual

Retribución

anual

Director xerente1.702,3723.833,18
Técnico xefe1.313,2818.385,92
Xefe comercial1.313,2818.385,92
Técnico875,5212.257,28
Técnico en prácticas729,6010.214,40
Xefe administración1.118,7315.662,22
Oficial administrativo802,5711.235,98
Auxiliar administrativo680,959.533,30
Encargado826,8811.576,32
Oficial de 1ª753,9210.554,88
Oficial de 2ª680,959.533,30
Peón especialista656,659.193,10
Peón622,608.716,40
Ordenanza/conserxe622,608.716,40
Limpador6,14/hora

Nota. Na categoría profesional de limpador, o salario hora inclúe a parte proporcional do descanso semanal e festivos.