Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 04 de xullo de 2003 Páx. 8.955

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Urbaser, S.A. de Lugo.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Urbaser, S.A. de Lugo (código 2700452), da provincia de Lugo, asinado o día 27 de febreiro de 2003, pola representación da empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90 números, 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do citado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 25 de marzo de 2003.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

Convenio colectivo da empresa Urbaser, S.A. para o seu centro de Lugo durante o período 2002-2006

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

Este convenio colectivo é de ámbito de empresa e regula as relacións laborais na empresa concesionaria dos servicios públicos de limpeza do Concello de Lugo, Urbaser S.A.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Este convenio colectivo subscríbese para o ámbito territorial do termo municipal de Lugo, no cal a empresa realiza, por concesión administrativa do Concello de Lugo, a limpeza pública no indicado termo municipal.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Quedan sometidos ás estipulacións deste convenio os traballadores da empresa concesionaria dos servicios de limpeza viaria, recolla de lixo, servicio de mantemento de papeleiras e contedores do Concello de Lugo.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

Este convenio terá unha duración de 5 anos, con vixencia desde o 1 de xaneiro de 2002 ata o 31 de decembro de 2006.

Artigo 5º.-Entrada en vigor.

Este convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, con efectos económicos desde o 1 de xaneiro de 2002.

Artigo 6º.-Denuncia.

Estipúlase un prazo de duración de cinco anos, ou sexa, ata o 31 de decembro de 2006, pactándose de común acordo que, con anticipación de 2 meses á data de expiración se considera automaticamente denunciado.

Artigo 7º.-Salarios.

Durante a vixencia do convenio son os sinalados na táboa que se xunta.

Artigo 8º.-Complemento de transporte e/ou asistencia.

Durante a vixencia do convenio son os sinalados na táboa que se xunta.

Artigo 9º.-Complemento de actividade.

Durante a vixencia do convenio son os sinalados na táboa que se xunta, en 12 mensualidades.

Artigo 10º.-Complemento penoso, tóxico, e perigoso.

Durante a vixencia do convenio son os sinalados na táboa que se xunta.

O complemento penoso, tóxico e perigoso valórase como o 20% do salario base.

Excepcionalmente, para o persoal adscrito ó equipo mixto, valorarase o complemento penoso, tóxico e perigoso, nun 30% do salario base. Este complemento constará en nómina co nome de complemento tóxico.

O cálculo dos complementos realizarase sobre 313 días, sendo o divisor para os peóns 25 días e para o resto do cadro de persoal 30 días.

Artigo 11º.-Pagas extraordinarias.

Establécense catro pagas, que abranguen, cada unha delas, o salario base, antigüidade e complemento de transporte, que se aboarán o día 15 dos meses de marzo, xullo, setembro e decembro.

Artigo 12º.-Vacacións.

Tódolos traballadores desfrutarán dun período vacacional de 31 días.

Establécese como período vacacional os meses de xullo e agosto.

Aqueles traballadores que o acorden coa empresa, poderán desfrutalo en calquera mes non fixado, sempre que o comuniquen antes do 30 de maio do ano en vixencia.

O calendario de vacacións será establecido pola comisión mixta paritaria do convenio.

O calendario de vacacións terá que estar exposto no taboleiro de anuncios da empresa antes do 30 de maio de cada ano de vixencia do convenio.

Artigo 13º.-Incapacidade temporal.

En caso de baixa por incapacidade temporal (IT), establécese o aboamento do 100% da mensualidade normal, sen límite ningún.

Acórdase a creación dunha comisión especial de control de absentismo, co obxecto de reducir polo menos en dous puntos o índice de absentismo.

Por parte dos traballadores esta comisión estará formada polos delegados de prevención.

Artigo 14º.-Vestiario.

A roupa de traballo será de uso obrigatorio para todo o persoal e a empresa facilitará cada dous anos a seguinte roupa:

Conductores:

*Inverno:

-2 pantalóns.-2 camisas.-2 xerseis.-1 cazadora.-1 anorak.-1 par de botas de seguranza.-luvas anticortes.

*Verán:

-2 pantalóns.-2 camisas.-1 cazadora.-1 par de botíns.

Peóns:

*Inverno:

-2 pantalóns.-3 camisas.-2 xerseis.-1 cazadora.-1 anorak 3 pezas.-1 par de botíns.-1 par de botas de auga.-luvas anticortes.-gorra de inverno.-fundas (agás persoal de varredura manual).

*Verán:

-2 pantalóns.-2 camisas.-1 cazadora.-1 par de botíns.-gorra de verán.-fundas (agás persoal de varredura manual).

Persoal de taller:

-2 pantalóns.-2 camisas.-1 xersei.-3 fundas.-2 pares de botas de seguranza.

Crearase unha comisión composta polos delegados de prevención e o mesmo número de representantes da empresa para a verificación da calidade da roupa de traballo de tódolos operarios.

A roupa de verán entregarase do 1 ó 15 de maio, a roupa de inverno do 15 ó 30 de setembro.

Artigo 15º.-Comisión mixta paritaria.

A comisión mixta paritaria, que debe interpretar este convenio, componse dun membro por cada dous membros do comité de empresa ou fracción que pertenzan á mesma candidatura sindical, e que á vez sexan asinantes do convenio, e o mesmo número de representantes por parte da empresa.

A esta comisión correspóndelle a vixilancia e interpretación do convenio.

A dita comisión queda distribuída da seguinte maneira:

-Cinco membros por parte da empresa.

-Cinco membros por parte do comité de empresa.

Artigo 16º.-Normas de aplicación subsidiaria.

En todo o non previsto neste convenio aplicarase subsidiariamente o convenio xeral do sector da limpeza pública, viaria, regas, recolla, tratamento e eliminación de residuos, limpeza e conservación da rede de sumidoiros (BOE 7-3-1996).

Artigo 17º.-Garantía do posto de traballo.

O cambio de titularidade da empresa non extinguirá por si mesmo a relación laboral, quedando o novo empresario subrogado nos dereitos e obrigas do anterior.

Artigo 18º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 39 horas semanais, de luns a sábado, cun descanso de 30 minutos para bocadillo. Esta xornada distribuirase en tres quendas continuadas e non existirá xornada partida, excepto para administración, que en período estival a terá continuada.

Establécese que libren tódolos traballadores dous sábados ó mes, e un sábado libre engadido nalgún dos meses que por distribución do calendario teña cinco sábados.

Os días 24 e 31 de decembro son non laborables para os traballadores da quenda nocturna, con prosecución dos servicios ó día seguinte en horario normal.

O horario de recolla nocturna adiántase ás 22.00 horas durante a temporada de inverno (1 de novembro a 1 de marzo).

Artigo 19º.-Póliza de seguros.

A empresa contratará unha póliza de seguros individual ou colectiva, para tódolos traballadores, que cobre, en caso de morte ou invalidez, unha contía de 24.215,96 euros.

Artigo 20º.-Desconto da cota sindical na nómina.

A tódolos traballadores que o soliciten descontáraselles das súas nóminas a cota sindical, a cal se ingresará no número de conta bancaria que determine a central sindical á que estea afiliado.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

Mentres persista a actual situación de desemprego non se realizarán horas extraordinarias, agás nos casos de forza maior. Neste suposto establécese que se libren tres horas por cada hora traballada.

Artigo 22º.-Axudas de custo.

Establécese unha contía, por axuda de custo, de 47,39 por día. A empresa poderá optar, polo aboamento da dita cantidade, ou ben polo pagamento de gastos xustificados.

Artigo 23º.-Festivos.

Aboaranse de acordo co determinado na táboa anexa.

Artigo 24º.-Festividade patronal.

A festividade de San Martiño de Porres, o día 3 de novembro, considérase non laborable para tódolos efectos. No caso de coincidir en festivo ou nun día de difícil aplicación, trasladarase ó mércores posterior ou anterior.

Artigo 25º.-Excedencia laboral.

É a que se concede por un prazo superior a un ano e inferior a cinco, sen que se compute o tempo que dure esta situación para efectos de aumentos por anos de servicio. Deberá ser solicitada por escrito polo comité de empresa ou membro del ou delegados de seccións sindicais legalmente constituídas. O prazo de concesión ou denegación non poderá exceder de 20 días naturais. A negativa só poderá basearse nas seguintes causas:

Prazo perentorio de realización de servicio.

Non levar, como mínimo, un ano de servicio na empresa.

Ter desfrutado doutra excedencia nos cinco anos últimos.

A petición de excedencia voluntaria deberá despacharse favorablemente cando sexa causa de terminación ou ampliación de estudios, esixencias familiares de carácter ineludible ou outra análoga, que sexa acreditada debidamente polo traballador.

Se o traballador non solicitase o reingreso trinta días antes do remate do prazo sinalado para a excedencia, perderá o dereito ó seu posto de traballo na empresa.

O traballador incorporarase automaticamente ó remata-la mencionada excedencia.

Artigo 26º.-Licencias retribuídas.

Tódolos traballadores terán dereito ó desfrute de licencias na forma e condicións seguintes:

20 días por casamento.

3 días en caso de nacemento de fillo.

3 días por enfermidade grave ou morte de familiares (pai, nai, fillos, irmáns, cónxuxe) por consanguinidade ou afinidade.

5 días cando polo motivo anterior, necesite realizar desprazamento.

2 días por traslado de domicilio habitual.

1 día por morte de tíos, sobriños, avós, etc.

9 días por asuntos propios, logo de comunicación; non poderán coincidir no cadro de persoal máis de cinco permisos o mesmo día. Estes cinco permisos distribuiranse da forma seguinte:

3 permisos por día para o persoal de quenda diúrna.

2 permisos por día para o persoal de quenda nocturna.

A comisión paritaria regulará coa empresa o uso dos ditos días. Os permisos solicitaranse a través do secretario do comité de empresa ou persoa en quen delegue. O persoal que dispoña de días de asuntos propios e que os solicite en decembro e non os poida desfrutar ese mes, pódeo facer ata o 31 de xaneiro do ano seguinte.

Polo tempo indispensable para a asistencia médica a especialista.

Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público.

1 día por casamento de fillos ou irmáns. Fóra da provincia, 3 días.

1 día polo primeiro aniversario de morte de familiares en primeiro grao.

1 día por bautizo de fillo.

Artigo 27º.-Retirada do permiso de conducir.

Nos supostos de sanción con vehículos da empresa en horas de traballo que supoñan a retirada do carné de conducir, sempre e cando non houbese mala fe ou dolo na consecución dos feitos, a empresa quedará obrigada a darlle traballo sen diminución das súas percepcións salariais e polo tempo que dure a retirada do carné.

No suposto de que a dita sanción se produza fóra das horas de traballo a empresa proporcionaralle outro traballo, percibindo o salario correspondente á categoría que se lle asigne e polo tempo que dure a retirada do carné de conducir. Este beneficio quedará sen efecto en caso de conducción en estado de embriaguez.

Artigo 28º.-Revisión médica.

A tódolos traballadores efectuaráselles unha vez ó ano, unha revisión médica completa ou cantas veces sexa necesaria por petición do traballador. Os resultados da revisión serán entregados ó traballador.

Artigo 29º.-Compensación por xubilación.

Para aqueles traballadores cun mínimo de 8 anos de antigüidade na empresa establécense os seguintes premios por compensación da súa xubilación anticipada:

Ós 60 anos: 3.281,53 euros.

Ós 61 anos: 2.937,75 euros.

Ós 62 anos: 2.618,97 euros.

Ós 63 anos: 2.287,69 euros.

Ós 64 anos: 1.962,97 euros.

Artigo 30º.-Sancións.

No suposto de que a empresa incoe expediente sancionador, deberá informar del o comité de empresa e delegados das seccións sindicais legalmente constituídas.

Artigo 31º-Atrasos salariais.

Os atrasos salariais do ano 2002 e seguintes aboaranse coa nómina do mes seguinte ó da sinatura deste convenio.

Artigo 32º.-Xubilación voluntaria ós 64 anos.

De conformidade coa lexislación vixente e para aqueles casos en que os traballadores con 64 anos cumpridos desexen acollerse ó contrato por substitución, co 100% da súa pensión, a empresa verase obrigada a realizalo e contratará outro traballador mediante un contrato da mesma natureza que o extinguido.

No suposto deste artigo o traballador xubilado terá dereito a percibi-lo estipulado no artigo 29.

Artigo 33º.-Mantemento de emprego.

Establécese que o número de traballadores fixos é de 103 traballadores, sen que sexa necesario que o novo posto de traballo fixo sexa para cubrir exactamente a vacante creada, non obstante, en caso de ser un posto susceptible de promoción interna, aplicarase o establecido no artigo 36.

Antes de facer fixo un traballador a empresa poderá acollerse ó establecido no artigo 37 deste convenio.

Artigo 34º.-Previsión de vacantes.

A empresa acepta que tódolos postos de traballo se cubran, en primeiro lugar, de maneira interna, sendo cubertos nun prazo máximo de 15 días.

Artigo 35º.-Ascensos.

Os ascensos realizaranse internamente.

Terase en conta a antigüidade e as condicións idóneas, realizándose unha proba para o efecto.

Artigo 36º.-Contratos.

A empresa poderá realizar un primeiro contrato de 12 meses, ó remate do cal o traballador que o supere será fixo, salvo ofertas específicas de duración determinada por necesidades de servicio que se lle comunicarán ó comité de empresa.

Artigo 37º.-Comité de empresa.

O comité de empresa é o órgano máximo de representación colexiada dos traballadores na empresa Urbaser. Os seus membros terán as garantías que prevé o artigo 68 do Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais, acumulando o crédito

de horas sindicais, entre os seus membros e os delegados das seccións sindicais, se o coidan oportuno dentro do mes natural.

Os compoñentes do comité de empresa ou delegados sindicais disporán dun crédito de 27 horas mensuais, retribuídas como horas realmente traballadas, para o exercicio das súas funcións.

Quedan excluídas do conxunto destas horas sindicais as que correspondan a reunións convocadas pola dirección da empresa e as dedicadas á negociación colectiva.

A empresa facilitaralle ó comité de empresa un taboleiro de anuncios por centro de traballo e un local adecuado para a realización das súas funcións.

Os membros do comité de empresa e delegados sindicais non poderán ser despedidos nin sancionados dentro do período de exercicio das súas funcións nin nos dous anos seguintes ó remate do seu mandato.

Artigo 38º.-Seccións sindicais.

As seccións sindicais legalmente constituídas na empresa, sempre que obteñancando menos o 25% dos votos na elección do comité de empresa e teñan a dita porcentaxe de afiliados, terán dereito a un delegado sindical coas mesmas garantías que os membros do comité de empresa, dispoñendo do mesmo crédito horario, de acordo co sinalado no artigo anterior.

As seccións sindicais poderán:

Facer propaganda sindical ou laboral a través do taboleiro de anuncios.

Cobra-las cotas sindicais dentro do horario de traballo, sen interrompe-lo proceso productivo.

Cobra-las cotas sindicais a través da nómina, con autorización expresa do interesado.

Convocar asembleas dentro do centro de traballo.

Demais disposicións legais vixentes.

Artigo 39º.-Antigüidade.

Anos %

25

410

615

920

1225

1630

1835

2140

2445

2750

3055

3360

A antigüidade percibirase con efectos do 1 de xaneiro do ano en que se cumpran os períodos.

Artigo 40º.-Axuda por falecemento.

A axuda por falecemento, para gastos funerarios, ós herdeiros legais do traballador terá un importe

de 2.289,47 euros. A empresa cubrirá este custo mediante a contratación dun seguro.

Artigo 41º.-Anticipos reintegrables.

A empresa manterá unha bolsa de 18.030,36 euros, cun límite de 901,52 euros por traballador e ano, co fin de facilitarlles ós traballadores anticipos sobre o seu salario. Serán aprobados pola comisión mixta paritaria.

O reintegro do anticipo concedido realizarase nas 12 pagas seguintes.

Artigo 42º.-Complemento de nocturnidade.

Segundo as táboas anexas.

Artigo 44º.-Troca de quenda.

A empresa permitirá a troca de quenda entre os traballadores, de igual categoría, que así o desexen.

Cando quede unha praza libre nalgunha quenda, comunicaráselle ó comité de empresa para que sexa ocupada por algún traballador interesado na troca.

Artigo 44º.-Axuda escolar.

A empresa creará un fondo de axuda para estudios oficiais de fillos de traballadores que terá un importe de:

Ano 2001: 3.750,32 euros.

Tódolos afectados que desexen acollerse a este artigo e teñan fillos maiores de 16 anos, terán que acredita-la seguinte documentación:

Fotocopia do libro de familia.

Certificado negativo da Seguridade Social, no que se faga constar que non se está dado de alta nela como traballador.

Cartilla de desemprego.

Matrícula de estudios.

A dita axuda aboarase coa mensualidade do mes de setembro.

A repartición do dito fondo farase anualmente entre a empresa e o comité de empresa, creando a este respecto un regulamento de normas.

Artigo 45º.-Incremento salarial.

As táboas salariais confeccionaranse sobre as de 2001 cun incremento, nos conceptos de salario base, complemento de transporte e complemento de actividade segundo os índices:

2002 incremento do 3,5% sobre táboas do 2001.

2003 incremento do IPC previsto con cláusula de revisión a IPC real.

2004 incremento do IPC previsto con cláusula de revisión a IPC real +0,5%.

2005 incremento do IPC previsto con cláusula de revisión ó IPC real +1%.

2006 icremento do IPC previsto con cláusula de revisión ó IPC real +1%.

Nota: os anexos dest

Táboa salarial 2002

Revisadas ó 3,5%

EurosSalario baseComplemento

transporte

16

Complemento

actividade

12

Complemento

penoso

313

Complemento

nocturno

313

Total anual

Encargado xeral891,6783,09123,695,950,0018.942,79

Auxiliar administración860,87104,75159,920,000,0017.368,96

Mecánico807,01104,7536,065,380,0016.704,82

Maquinista807,0183,090,008,070,0016.767,51

Operador de pa807,0183,090,008,070,0016.767,51

Capataz día860,8783,0938,155,740,0017.357,78

Capataz noite860,8783,0938,155,747,1719.601,99

Conductor noite807,01104,7514,245,386,7318.549,47

Conductor día807,01104,7514,245,380,0016.442,98

Peón noite789,6083,090,006,316,5817.997,61

Peón día789,6083,090,006,310,0015.938,07

Euros

Festivo46,21

Peóns con traballo en nave20,97Incrementado o compl. de trans.

Táboa salarial 2003

Revisadas ó 2% IPC previsto

EurosSalario baseComplemento

transporte

16

Complemento

actividade

12

Complemento

penoso

313

Complemento

nocturno

313

Total anual

Encargado xeral909,5084,75126,166,070,0019.321,65

Auxiliar administración878,09106,85163,120,000,0017.716,34

Mecánico823,15106,8536,785,490,0017.038,92

Maquinista823,1584,750,008,230,0017.102,86

Operador de pa823,1584,750,008,230,0017.102,86

Capataz día878,0984,7538,915,850,0017.704,94

Capataz noite878,0984,7538,915,857,3119.994,03

Conductor noite823,15106,8514,525,496,8618.920,46

Conductor día823,15106,8514,525,490,0016.771,84

Peón noite805,3984,750,006,446,7118.357,56

Peón día805,3984,750,006,440,0016.256,83

Euros

Festivo46,21

Peóns con traballo en nave20,97Incrementado o compl. trans.