Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 04 de xullo de 2003 Páx. 8.952

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial para empresa Cementos Cosmos, S.A., Factoría de Oural.

Visto o acordo da revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Cementos Cosmos, S.A., Factoría de Oural (código 2700102), da provincia de Lugo, asinado o día 17 de xaneiro de 2003, pola representación da citada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da revisión do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 3 de febreiro de 2003.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial Lugo

Acta de acordos da comisión negociadora do convenio colectivo de Cementos Cosmos, S.A., Factoría de Oural, para 2002 sobre revisión salarial para 2002

Asistentes:

-Pola representación dos traballadores:

Mario S. Camino López

Jesús López Sanmartín

José A. Ingerto Díaz

José Luis López Saco

José Manuel Campo López

Fancisco López López

Fernando Pérez Rodríguez

Antonio Guitián Docasar

José Luis Pombo López

Carlos Ascón Callejo

Pola dirección da empresa:

Jesús Martínez Rodríguez

Antonio Valverde Pampillón

Miguel Rodríguez del Río

José Antonio Valcárcel Tallos

En Oural, Cementos Cosmos, S.A., Factoría de Oural, o día 17 de xaneiro de 2003, reúnese as persoas citadas no encabezamento, co fin de proceder á sinatura da revisión salarial do convenio colectivo de Cementos Cosmos, S.A., Factoría de Oural, para 2002, o cal levan a efecto conforme os seguintes

ACORDOS:

Primeiro.-Dar por finalizadas as deliberacións para a aplicación do disposto na disposición adicional primeira e o artigo 18 do convenio colectivo de Cementos Cosmos, S.A., Factoría de Oural, para 2002, sobre revisión salarial por aplicación da cláusula de garantía salarial por IPC.

Segundo.-Aprobar por unanimidade dos compoñentes da comisión negociadora as táboas salariais para 2002, revisadas en función do IPC, que figuran como anexos a esta acta.

Terceiro.-Os atrasos derivados da revisión correspondentes ó ano 2002 serán aboadas no primeiro trimestres do ano.

Cuarto.-Remiti-lo citado texto á autoridade laboral para o seu rexistro e depósito e posterior publicación no boletín oficial correspondente. Para a realización destas tarefas facúltase a José Antonio Valcárcel Tallos.

E sen outros asuntos que tratar, dáse por finalizada a reunión, asinando estes acordos en proba da súa conformidade con todo o exposto.