Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 03 de xullo de 2003 Páx. 8.876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO de contratación.

A Comisión de Goberno do Concello de Viveiro, en sesión que tivo lugar o día 2 de xuño de 2003, aprobou o expediente de contratación que a seguir se relaciona:

1. Obxecto do contrato. Contratación para a elaboración dunha auditoría ambiental, dos plans de acción, seguimento e participación cidadá, e cadro de indicadores da axenda 21 no concello de Viveiro.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

3. Orzamento base de licitación. Corenta e cinco mil euros (45.000 A).

4. Garantías.

a) Provisional: novecentos euros (900 A).

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

5. Obtención de documentación. O prego de prescricións técnicas e o de cláusulas administrativas estarán ó dispor de tódolos interesados no Negociado de Urbanismo e Contratación, sito nos claustros de San Francisco, avda. de Cervantes, s/n, en horario de 8.00 a 15.00 horas.

6. Prazo de presentación das proposicións. 15 días naturais seguintes á publicación do anuncio no

derradeiro dos boletíns oficiais (DOG e BOP). No caso de que o día décimo quinto coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase o prazo prorrogado ata o día laborable seguinte.

7. Gastos de publicidade. Serán pola conta do adxudicatario.

8. Máis información. Teléfono: 982 56 20 47, en horario de 8.00 a 15.00. Fax: 982 56 31 56. Correo electrónico: viveiro*fegamp.es

Viveiro, 24 de xuño de 2003.

Melchor Roel Rivas

Alcalde