Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 03 de xullo de 2003 Páx. 8.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial de estudio de detalle para reaxuste de aliñacións, reordenación de volumes e determinación de condicións compositivas da fachada, de futuro edificio na rúa Doutor Loureiro Crespo, número 38-40, desta cidade, na súa fronte ó asilo de anciáns, rueiro 170 do PXOU, formulado por Benisa Promociones, S.L.

A Comisión de Goberno, en sesión do 2 de xuño de 2003, acordou prestar aprobación, con carácter inicial, ó estudio de detalle formulado, mediante iniciativa particular, pola entidade mercantil Benisa

Promociones, S.L., coa finalidade de reordenación de volume, reaxuste da aliñación e determinación compositiva e tratamento de fachada do soar sito na rúa Doutor Loureiro Crespo, núm. 38-40, na súa fronte co asilo de anciáns, rueiro 170 do PXOU, segundo documentación subscrita polos arquitectos Antonio Espinosa Murías e Antonio Rodríguez Martín, con data de visado colexial do 31-3-2003, dispoñéndose o seu sometemento a información pública.

Durante o prazo de vinte días, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo expediente no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (rúa Churruchaos, núm. 2, desta cidade), e formula-las alegacións e xustificacións que estime procedentes.

Pontevedra, 16 de xuño de 2003.

Miguel A. Fernández Lores

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral