Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 03 de xullo de 2003 Páx. 8.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

ANUNCIO.

Con data do 20 de marzo de 2003 suscribiuse no Concello de Ames un convenio urbanístico para a execución e desenvolvemento do sector de suelo urbanizable S-15, do Milladoiro, entre o alcalde e a entidade Inmobiliaria Urbis, S.A., propietaria de máis do cincuenta por cento dos terreos que inclúe o ámbito.

O que se somete ó trámite de información pública, significando que durante o prazo de vinte días se poderá examina-lo mencionado convenio urbanístico nas dependencias do Servicio de Urbanismo do Concello de Ames, sitas na rúa Alcalde Lorenzo nº 2, de Bertamiráns, e presentar, se é o caso, as alegacións oportunas, de conformidade co establecido no artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Ames, 30 de maio de 2003.

José Astray Lorenzo

Alcalde