Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 03 de xullo de 2003 Páx. 8.876

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CONSORCIO AUDIOVISUAL DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2003 pola que se convocan, dentro do Plan de Formación do Consorcio Audiovisual de Galicia, bolsas formativas co obxectivo de promove-la actividade profesional e a creación de emprego no sector audiovisual.

Obxecto: convocatoria de bolsas de estudio ou profesionalización no campo do sector audiovisual.

Bases da convocatoria: poderán obterse na sede do consorcio (r/ Hórreo, 61-1º, 15702 Santiago de Compostela) ou na páxina web: www.consorcioaudiovisualdegalicia.org

Prazo de presentación de solicitudes: desde a publicación deste anuncio ata o 15 de setembro, ambos inclusive.

Lugar de presentación: na sede do consorcio ou por correo certificado.

Información: Consorcio Audiovisual de Galicia. Teléfono 981 95 71 72.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2003.

Ignacio Varela Ramos

Xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia