O director xerente do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña,
en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 6, e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a seguir se cita:
Nº referencia expediente: C. 18/2003.
Obxecto: subministracións de roupas.
Orzamento total: 205.449,00 euros.
Garantía provisional: 4.108,98 euros.
Nº referencia expediente: C. 19/2003.
Obxecto: subministracións de vestiario.
Orzamento total: 99.161,00 euros.
Garantía provisional: 1.983,22 euros.
I. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto, de subministracións sucesivas.
II. Prazo de execución: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
III. Admisión de variantes: non se admiten variantes.
IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
V. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario universitario (planta semisoto do edificio do hotel de pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9.00 ás 14.00 horas. Teléfono: 981 17 80 73, fax: 981 17 80 32, ou a través da páxina web do Sergas: http://www.sergas.es
VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo dentro do prazo sinalado.
VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xestión do complexo hospitalario universitario (planta soto do hotel de pacientes), a partir das 10.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que dito día
coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
X. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 24 de xuño de 2003.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario
Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña