Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 03 de xullo de 2003 Páx. 8.874

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2003, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, pola que se anuncia a contratación do servicio de vixilancia e seguridade para dous centros (C.P. 5/2003 N), polo procedemento aberto, mediante concurso e tramitación urxente.

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas pola Orde do 14 de marzo de 2002 da Consellería de Sanidade, convoca o seguinte concurso público:

1. Obxecto: servicio de vixilancia e seguridade dos centros de saúde Virxe Peregrina (Pontevedra) e San Roque (Vilagarcía de Arousa).

2. Orzamento: 224.200,84 euros (dúas anualidades).

3. Prazo de execución: dous anos desde a data de entrada en vigor do contrato. Posibilidade de prórroga nos termos previstos no artigo 198 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

4. Fianzas:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento de licitación.

5. Forma de adxudicación: concurso, procedemento aberto, tramitación urxente.

6. Solvencia económica, financeira e técnica: acreditarase segundo o disposto nos puntos 13 e 14 da cara que integra o prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación.

7. Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 16 da cara-prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Xerencia de Atención Primaria; Rosa

lía de Castro nº 21, 6ª andar (Vigo), teléfono: 986 81 64 66, en días hábiles desde as 9.00 ata as 14.00 horas.

9. Presentación de proposicións: deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria (Rosalía de Castro, nº 21-planta baixa), antes das 14.00 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no punto 5.2 do prego de cláusulas adminstrativas particulares.

10. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria en Vigo (8º andar), ás 9.00 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: a sinalada no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios: o pagamento do anuncio deste concurso público será por conta do adxudicatario.

Vigo, 25 de xuño de 2003.

Ángel Martín Santos

Director xerente de Atención Primaria

de Pontevedra-Vigo