Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 03 de xullo de 2003 Páx. 8.864

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/44-2, 6027 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 27002 Lugo.

Denominación: C.T. Marrube e liña de alimentación (20 kV).

Situación: Alfoz.

Descricións técnicas: centro de trasformación tipo caseta, no que se instalará un transformador de 630 kVA e relación de transformación 20/0,420 kVA, unha cela de protección do transformador contra sobrecargas, dúas celas de liña para o seccionamento das liñas de entrada e saída, unha cela de seccionamento e un cadro de B.T. de oito saídas, L.M.T., colocarase un apoio nas proximidades da caseta e realízase a entrada e saída con cable soterrado ó C.T. reformado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 12 de maio de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo