Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira 2, Velle, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Valdesoiro, Casares.
Situación: O Irixo.
Características técnicas: liña aérea a 20 kV de 982 m, con orixe na L.M.T. ó C.T. de Parada e remata no C.T. proxectado aéreo con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V en Casares. Redes de baixa tensión en Valdesoiro e Casares derivadas do C.T. Casares.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalación eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo de vinte días contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
Ourense, 13 de maio de 2003.
Ramón Fernández-Linares Bouza
Delegado provincial de Ourense