Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 03 de xullo de 2003 Páx. 8.863

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/43-2, 6014 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Viveiro 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Paíme e Barcia.

Situación: Ribeira de Piquín.

Descricións técnicas: L.M.T. con orixe en L.M.T. de C.T. do Chao de Pousadoiro a C.T. de San Xurxo e final en C.T. de Paíme, tensión de servicio 20 kV lonxitude 88 m conductor L.A.-056/54,6 m

C.T. intemperie de Paíme, potencia 50 kVA, potencia 50 kVA, relación de transformación 20.000/380-220 V.

R.B.T. de Paíme, orixe C.T. de Paíme, lonxitude 410 m nº apoios 11.

R.B.T. de Barcia, orixe C.T. de gasolineira, lonxitude 389 m nº apoios 10.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 12 de maio de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo