Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 03 de xullo de 2003 Páx. 8.858

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (195/2002).

Eu, José Manuel Silvosa Tallón, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas 195/2002 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

Sentencia: 00024/2003

Procedemento: xuízo de faltas 195/2002

En Arzúa o vintecinco de febreiro de dous mil tres.

Mónica Sánchez Romero, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa e o seu partido xudicial, vistas e oídas as actuacións do xuízo verbal de faltas seguidos neste xulgado co número 195/2002, sobre lesións causadas en accidente de circulación, no que foron partes, como denunciantes Antonio Peñalver García e Mónica Pedrosa García, que non compareceron ó acto do xuízo, e Juan Manuel Teijeiro Fernández e María Josefa Otero Vázquez, representada esta última polo procurador Sr. García Boado, e asistidos ambos polo letrado José Ramón Sánchez Magariños, e como prexudicada a entidade Mutua Madrileña Automovilista, representada polo procurador Sr. Paz Montero e asistida pola letrada Lucía Bouso Montero, comparecida a entidade Mutua General de Seguros, representada polo procurador Sr. García Boado, e como denunciado Pedro Ángel Martín Galán, defendido polo letrado Sr. Lara González, como responsable civil subsidiario Rogelio Barcala Gil, e como responsable civil directo a

entidade H.D.I. Hannover, que non compareceu ó acto de xuízo, dicta a seguinte resolución.

Debo absolver e absolvo libremente a Pedro Ángel Martín Galán da falta pola que foi denunciado, con declaración das custas de oficio. Non procede facer declaración de responsabilidade civil, sen prexuízo das accións que lles poidan corresponder ós prexudicados.

Notifíqueselles esta resolución ás partes prevíndoas de que contra ela poderán interpoñer recurso

de apelación no prazo dos cinco días seguintes ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Pedro Ángel Martín Galán, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Arzúa o vintenove de maio de dous mil tres.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE MUROS