Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 03 de xullo de 2003 Páx. 8.858

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE MUROS

EDICTO (1000006/2003).

Eu, María Mercedes Martín Olivera, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Muros, fago saber que neste xulgado e co número 1000006/2003 se segue, por instancia de Ramona Quiveo Rodríguez, expediente para a declaración de falecemento de Rafael Quiveo Rodríguez, natural da Serra de Outes, que naceu o dous de xuño de mil oitocentos noventa e catro, veciño da Poza-Santo Ourente de Entíns-Outes, quen se ausentou do seu último domicilio na Poza-Santo Ourente de Entíns-Outes, e do que non se teñen noticias desde o ano 1919, ignorándose o seu paradoiro.

O que se fai público para que os que teñan noticias da súa existencia poidan poñelas en coñecemento do xulgado e ser oídos.

Dado en Muros o vinteún de abril de dous mil tres.

A xuíza

Rubricado

O/A secretario/a

Rubricado