Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 03 de xullo de 2003 Páx. 8.841

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, pola que se convocan oito cursos de aplicador/manipulador de praguicidas de usos fitosanitario e gandeiro para alumnos de centros e institutos de formación agraria.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de formación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes productos, establece no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que vaia celebrar.

Por outra parte, o artigo 6 número 3º da orde, prevé a posibilidade de validar algunhas das unidades didácticas das que consta o curso se estas se superasen na formación profesional, debendo, se é o caso, cursa-las restantes materias das que consta o curso para poder presentarse á proba de avaliación correspondente.

Nos centros de formación e experimentación agraria da Consellería de Política Agroalimentaria e

Desenvolvemento Rural e nos institutos de formación profesional da rama agraria impártense ciclos formativos da familia agraria nas especialidades agrícola ou forestal, nas que o alumno debe superar un temario sobre métodos de control fitosanitario; en consecuencia, os alumnos que superasen eses estudios poderán realizar un curso no que se incidirá nos aspectos normativos e lexislación vixente ó respecto, co fin de complementa-las ensinanzas recibidas, podendo deste xeito supera-lo curso de aplicador/manipulador de praguicidas, nivel básico, nun número de horas inferior a aqueles alumnos que non sexan titulados técnicos da rama agraria.

En consecuencia, anúnciase a realización de varios cursos de aplicador/manipulador de praguicidas de uso fitosanitario e gandeiro que terán lugar nos centros de formación e experimentación agraria e no instituto de formación profesional da rama agraria de acordo coas seguintes bases:

1. Clase e número de cursos que se van impartir.

Oito cursos de aplicador/manipulador de productos fitosanitarios e de uso gandeiro. Nivel básico.

2. Datos do organismo organizador.

O organismo organizador será o Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia.

3. Obxectivos e destinatarios dos cursos.

Impartir unha formación complementaria á cursada polos alumnos que superasen os cursos de capataz agrícola nas especialidades agrícola ou forestal, ou os ciclos formativos de grao medio e superior impartidos polos centros de formación e experimentación agraria da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e polos institutos de formación profesional da rama agraria de Galicia nas especialidades de explotacións agrícolas intensivas, xardinería, explotacións agrarias extensivas, traballos forestais e conservación do medio natural, que vaian manipular ou realizar tratamentos con praguicidas fitosanitarios ou de uso gandeiro, co obxecto de que poidan obte-lo carné de manipulador destes productos de nivel básico, que os capacite para exerce-la actividade de aplicador de praguicidas na súa propia explotación.

4. Nº de prazas e criterios de selección.

A estes cursos soamente poderán asisti-los alumnos que cursasen e superasen os plans de estudios da familia profesional agraria e desenvolvidos nos centros de formación e experimentación agraria e nos institutos de formación profesional nas especialidades de explotacións agrícolas intensivas, xardinería, explotacións agrarias extensivas ou a de traballos forestais e conservación do medio natural.

Poderán participar nos cursos tódolos alumnos, en grupos de non máis de 30, que estando matriculados e cumprindo os requisitos anteriores, teñan polo menos 18 anos.

5. Realización.

Os centros, lugares e datas de realización dos cursos son os que figuran de seguido:

CENTRO

ENDEREZO

Nº DE

CURSOS

REALIZACIÓN

CFEAGUÍSAMO-BERGONDO

(A CORUÑA)

2OUTUBRO

CFEAPENA DO PICO-BECERREÁ

(LUGO)

2OUTUBRO

CFEASERGUDE-BOQUEIXÓN

(A CORUÑA)

2SETEMBRO

CFEAMONFORTE DE LEMOS

(LUGO)

2OUTUBRO

CFEALOURIZÁN

(PONTEVEDRA)

2OUTUBRO

IFP A GRANXAPONTEAREAS3OUTUBRO

Duración e horario:

O curso constará dun total de 9 horas lectivas, 6 horas de teoría e 3 de clases prácticas.

O horario dos cursos será das 9.30 ás 14.15 horas e das 16.00 ás 18.00 horas na primeira xornada, e das 9.30 ás 13.30 horas a segunda xornada.

6. Programa.

Os temarios que se impartirán son os que figuran no anexo I.

7. Coordinador técnico do curso.

A coordinación e desenvolvemento do curso realizarase polo persoal dos centros de formación e experimentación agraria dependentes da Consellería de Política Agroalimentaria de Desenvolvemento Rural.

8. Solicitudes e inscrición.

Os alumnos dun centro de formación e experimentación agraria, que cumprindo os requisitos da presente resolución, estean interesados na realización dun curso dos convocados, inscribiranse no mesmo centro no que cursou o seu ciclo formativo.

Os alumnos dun instituto de formación profesional matriculados no presente curso nun ciclo formativo dos indicados, que estean interesados en acudir a estes cursos, deberán inscribirse no centro de formación e experimentación agraria ou no instituto de formación profesional no que se vaia realiza-lo curso, achegando unha fotocopia do DNI e certificado de ter superado o ciclo formativo das especialidades indicadas.

9. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a tódalas sesións do curso. Rematado este, os coordinadores realizarán as probas pertinentes que avalen os coñecementos adquiridos polo alumno e, no caso de superalas expedirase o certificado co que poderá solicita-lo carné de manipulador de productos fitosanitarios de nivel básico, que é o único documento válido para poder exerce-la actividade a nivel nacional e para os efectos de inspección por parte dos organismos oficiais correspondentes.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2003.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Política

Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural

ANEXO I

Programa do curso para os productos fitosanitarios e de uso gandeiro. Nivel básico.

Para titulados dos centros de formación e experimentación agraria e institutos de formación profesional da rama agraria:

1. Praguicidas: descrición e xeneralidades.

2. Riscos derivados da utilización dos praguicidas.

3. Perigosidade dos praguicidas para a saúde. Intoxicacións.

4. Práctica de protección fitosanitaria. Relación traballo-saúde; primeiros auxilios no caso de intoxicación.

5. Medidas preventivas e protectoras para evita-lo risco de uso de praguicidas.

6. Boa práctica fitosanitaria. Protección do ambiente e normas legais.

7. Exercicios prácticos.

8. Proba de avaliación.

Mínimo de horas lectivas: 9.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO