Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 03 de xullo de 2003 Páx. 8.841

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 1 de xullo de 2003 pola que se determinan as zonas que deixan de percibi-las indemnizacións establecidas na Orde do 30 de decembro de 2002, pola que se establecen indemnizacións polo cesamento total da actividade de retallistas e vendedores ambulantes de peixe e marisco que se subministren integramente en lonxas pechadas por decisións administrativas debido ás verteduras do Prestige.

A prohibición da actividade pesqueira e marisqueira regulada, nun primeiro momento, pola resolución do conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos do 16 de novembro de 2002, fixo preciso adoptar de maneira inmediata medidas que compensaran os vendedores retallistas e vendedores ambulantes de peixe e marisco que se abastecían nas lonxas situadas nas zonas de prohibición pesqueira.

Para estes efectos, a Consellería de Innovación, Industria e Comercio publicou a Orde do 30 de decembro de 2002, modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2003, pola que se establecen indemnizacións polo cesamento total da actividade de retallistas e vendedores ambulantes de peixe e marisco que se subministren integramente en lonxas pechadas por decisións administrativas debido ás verteduras do Prestige. Así desde o día 1 de decembro de 2002 estáselles aboando ós afectados unha cantidade de 35 euros por cada día de inactividade.

A favorable evolución da situación e a apertura da actividade pesqueira e marisqueira permitiu a volta á normalidade das lonxas situadas nas zonas antes afectadas.

Tendo en conta as distintas resolución dictadas pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que abriron a actividade pesqueira e marisqueira nas zonas afectadas polo accidente do buque Prestige,

DISPOÑO:

Artigo único.-Finalización das indemnizacións.

Tódolos beneficiarios establecidos no artigo 1 da Orde do 30 de decembro de 2002, pola que se esta

blecen indemnizacións polo cesamento total da actividade de retallistas e vendedores ambulantes de peixe e marisco que se subministren integramente en lonxas pechadas por decisións administrativas debido ás verteduras do Prestige (DOG nº 252, do 31 de decembro) modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2003 (DOG nº 10, do 16 de xaneiro), que se subministren nalgunha das lonxas situadas na zona comprendida entre o concello de Carnota e o concello de Arteixo, deixarán de percibi-las indemnizacións establecidas na orde anteriormente citada, transcorridos sete días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta orde entrara en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2003.

Juan Rodríguez Yuste

Consellerio de Innovación, Industria e Comercio

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL