Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 02 de xullo de 2003 Páx. 8.820

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VALDOVIÑO

ANUNCIO.

Expte. nº 1/2003 de modificación estudio de detalle.

Promotor: H.C.I. Valdoviño S.L. y Promociós Valdiviño, S.L.

Lugar: As Campeiras-Atios-Valdoviño.

Téndose aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno na sesión celebrada o día 2 de maio de 2003, a modificación do estudio de detalle da parcela situada no lugar das Campeiras da parroquia de Valdoviño, promovido por H.C.I. Valdoviño, S.L. e Promociós Valdiviño, S.L. representada por Gonzalo Doce Barro e Manuel Cid Cid respectivamente, de acordo coa documentación técnica redactada polo arquitecto Santiago Muñiz Gómez, e en cumprimento co disposto no artigo 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural, expónse á información pública durante o prazo de 20 días, co fin de que todas aquelas persoas interesadas poidan presenta-las alegacións que estimen oportunas a defensa dos seus intereses a partir do anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia.

Valdoviño, 4 de xuño de 2003.

José A. Rodríguez Fernández

Alcalde en funcións