Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 02 de xullo de 2003 Páx. 8.820

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización da U.E. I-01 Villa Laura (expediente 4291/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 30 de abril de 2003, adoptou, entroutros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do polígono U.E. I-01 Villalaura, redactado polos arquitectos Antonio Davila Alonso, Eva Filgueira García, César Jiménez López, Luis Meijide Rico e Jesús Cordeiro Rodríguez, visado polo COAG no 9-1-2002, 13-12-2001 e 13-7-2001 (expte. 4291/401).

Segundo.-Desestima-las alegacións interpostas durante o trámite de información pública, polos motivos que se sinalan na parte expositiva deste acordo.

Terceiro.-Para poder solicitar licencia de edificación antes da finalización e recepción das obras de urbanización, a xunta de compensación deberá constituír previamente fianza ou aval bancario polo importe de 899.549,53 euros, en garantía da correcta execución da dita urbanización.

Cuarto.-Antes do inicio das obras deberá efectuarse un replanteo destas, en coordinación cos técnicos da oficina municipal de Vías e Obras. Así mesmo, ó solicita-la súa recepción facilitarase representación planimétrica do realmente executado en soporte informático. Durante a execución destas obras deberá darse cumprimento ó sinalado polos enxeñeiros dos departamentos municipais de Parques e Xardíns e Servicios Electromecánicos nos seus respectivos informes citados na parte expositiva deste acordo.

Quinto.-Notifíquese o contido íntegro deste acordo ós propietarios do polígono e alegantes, coa indicación de que contra este cabe interpór, alternativamente, recurso de reposición ante esta Administración municipal no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses. Publíquese no DOG e no BOP.

Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderán interpoñerse os seguintes recursos:

a) Potestativo de reposición ante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, LRXAP-PAC, por medio do presente anuncio, notifícase o acordo que nel se contén

a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non e puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 12 de maio de 2003.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo