Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 02 de xullo de 2003 Páx. 8.819

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Marín.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 24/2003.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración de maquinaria de mantemento de servicios básicos ás praias.

b) Número de unidades:

-Máquina limpapraias funcional.

-Vehículo equipado con plataforma aérea.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega: Marín.

e) Prazo de entrega: un mes desde o asinamento do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 127.980,00 euros.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Marín.

b) Enderezo: avda. Ourense, s/n.

c) Localidade e código postal: Marín (Pontevedra) 36900.

d) Teléfono: 986 88 03 00 ou 986 88 03 04.

e) Fax: 986 88 20 13.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económico-financeira, técnica e profesional.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación (DOG ou BOP).

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: punto 6 deste anuncio.

9. Apertura das ofertas:

Entidade, enderezo e localidade: punto 6 deste anuncio.

Data e hora: ás 13.00 horas do 3º día hábil contado a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, agás que coincida en sábado, caso no que o acto terá lugar o seguinte día hábil á mesma hora.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Marín, 16 de xuño de 2003.

Antonio Santiago Fernández

Alcalde