Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 01 de xullo de 2003 Páx. 8.718

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

ANUNCIO de licitación.

O Concello de Tomiño anuncia a licitación da obra de acceso barrio igrexa en Sta. Mª de Tebra (obra nº 52 do PPC2003), cun orzamento de 63.689,63 euros (non se admiten baixas) e un prazo de execución de 3 meses.

As condicións que rexen na citada licitación son as mesmas publicadas no DOG nº 98, do 22-5-2003 (páxinas 6.613 e 6.614) e no BOP nº 99, do 26-5-2003 (páxinas 25 e 26), excepto o punto 7º.

O novo prazo de presentación de ofertas é de 13 días naturais seguintes á derradeira publicación deste anuncio no BOP e no DOG. Documentación: a esixida no prego. Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Tomiño, das 9.00 ás 14.00 horas (luns a venres) e das 11.00 ás 13.00 horas os sábados.

Tomiño, 19 de xuño de 2003.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde