Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 01 de xullo de 2003 Páx. 8.717

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAMOS

ANUNCIO.

No BOP nº 115, do 22 de maio de 2003 publícanse integramente as bases da convocatoria realizada polo Concello de Samos para prover mediante o sistema de concurso-oposición a praza vacante no cadro de persoal correspondente á oferta de emprego público, ano 2003:

-Persoal laboral: nivel de titulación: certificado de escolaridade. Denominación do posto: encargado de obras e servicios de mantemento. Número de vacantes: unha (1).

Quen reunindo os requisitos esixidos na convocatoria desexe participar neste procedemento selectivo deberá presentar instancia no rexistro xeral deste concello, segundo o previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, durante o prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria serán publicados exclusivamente no BOP e no taboleiro de anuncios desta corporación.

Samos, 6 de xuño de 2003.

Carlos R. Belón Ares

Alcalde-presidente