Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 01 de xullo de 2003 Páx. 8.717

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIOTORTO

ANUNCIO.

De conformidade co acordo adoptado pola Comisión de Goberno, en sesión do 23 de abril, e co disposto nos artigos 78 e 159 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, anúnciase o concurso para a adxudicación do servicio de cafetería do Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Riotorto.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: é obxecto deste concurso a concesión da explotación do servicio de cafetería do Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade.

b) Lugar de execución: o servicio prestarase nas dependencias e lugares sinalados no prego de condicións técnicas.

c) Prazo de execución: a duración da concesión será por cinco anos contados a partir da data de formalización do contrato, podéndose prorrogar por outros cinco máis.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a tramitación será ordinaria por procedemento aberto e forma de concurso.

4. Canon: establécese a cantidade de 1.000,00 euros anuais máis o IVE correspondente.

5. Garantías: non se esixe garantía provisional, a garantía definitiva será do 4% do importe da adxudicación.

6. Documentación: a documentación e a información facilitarase ata o día anterior á data de finalización do prazo de presentación das ofertas nas oficinas municipais, sitas na praza das Rodrigas nº 1, 27744 Riotorto. Tfno.: 982 34 62 22 e 982 34 64 18. Fax: 982 34 60 33.

7. Clasificación do contratista: non se esixe.

8. Presentación de ofertas: presentaranse na Secretaría Municipal durante o prazo de vinteseis días naturais, de 10.00 a 14.00 horas, contando desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

9. Proposicións e documentación complementaria: a esixida na cláusula 7 do prego de condicións administrativas.

10. Apertura dos sobres:

-Documentación xeral: terá lugar ás 12 horas do día seguinte hábil ó de terminación do prazo de presentación de proposicións, se este fose sábado, realizarase o seguinte día hábil.

-Apertura de proposicións: o acto público da apertura de proposicións realizarase o sexto día hábil contado desde o seguinte ó de apertura da docu

mentación xeral, ás 12.00 horas, de ser sábado, celebrarase o seguinte día hábil.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación:

-Experiencia profesional, ata un máximo de 10 puntos.

-Prestacións complementarias que poidan constituír mellora na prestación do servicio, ata un máximo de 30 puntos.

-Canon anual que se satisfará, ata un máximo de 15 puntos.

-Mobiliario, vaixela e outro material que se instale, ata un máximo de 10 puntos.

-Abaratamento de prezos, ata 10 puntos.

12. Gastos: o contratista queda obrigado ó pagamento do importe dos anuncios e de cantos outros gastos se ocasionen, de conformidade co establecido nos pregos de cláusulas administrativas.

Riotorto, 24 de xuño de 2003.

José López Cabodevila

Alcalde