Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 01 de xullo de 2003 Páx. 8.716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do día 29 de maio de 2003, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da rúa de nova apertura entre estrada da Gándara e avda. de Catalunya, redactado polo enxeñeiro industrial Pedro Fraga López e pola arquitecta Patricia Vázquez Mille e promovido por Proyco Xuvia, S.L.

Exponse ó público polo prazo de 20 días contado a partir da publicación deste anuncio no DOG, ó abeiro do previsto no artigo 110 da Lei 9/2002, así como o establecido no artigo 40 do Regulamento de xestión urbanística.

O expediente estará á disposición de calquera que desexe examinalo na Unidade de Obras, Urbanismo e Servicios, para formula-las alegacións que considere pertinentes.

Narón, 6 de xuño de 2003.

Xoan Gato Díaz

Alcalde