Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 01 de xullo de 2003 Páx. 8.716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 5 de maio de 2003, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle da unidade de actuación Norte-13 (rúa Acacia, camiño de Pipín e rúa das Fontes) do PXOU vixente, promovido por Construcciones Pedrouzo, S.L.

O acordo de aprobación definitiva do citado estudio de detalle foi comunicado á CPTOPV da Xunta de Galicia con data do 20 de maio de 2003, en cumprimento do establecido no artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 21 de maio de 2003.

P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde deleagdo da Área de Urbanismo,

Infraestructura e Medio Ambiente