Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 01 de xullo de 2003 Páx. 8.716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GONDOMAR

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno do 28 de maio de 2003 o proxecto de compensación do polígono 13 situado no núcleo urbano na avda. do Conde, na rotonda que cruza a circunvalación de Gondomar e a estrada a Tui, exponse ó público polo prazo de 20 días ó abeiro dos artigos 102 e 133 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, de aplicación por mor do preceptuado na disposición transitoria

novena da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Gondomar, 2 de xuño de 2003.

J. Carlos Silva Mariño

Alcalde en funcións