Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 01 de xullo de 2003 Páx. 8.718

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva da II modificación puntual do Plan especial de ordenación do porto de Vigo (7953/411).

O Pleno do Concello de Vigo en sesión do 6 de xuño de 2003, adoptou entre outros o seguinte acordo:

«Primeiro.-Desestima-la alegación presentada por Mª Amelia Álvarez Álvarez e outros, en representación de «Voces polo Litoral de Teis», polos motivos expostos na parte expositiva deste acordo, sen prexuízo de estudia-la conveniencia de solicitar unha nova modificación do Plan especial de ordenación do porto de Vigo polos motivos expostos na alegación presentada.

Segundo.-Introducir, á vista do informe dos servicios técnicos municipais da Área de Seguridade, Circulación e Transportes, ó final da letra B.-Peirao da Laxe do artigo 29, ordenanza 11 do Plan especial do porto, o seguinte parágrafo:

«Deberase realizar un estudio de tráfico e accesos, anexo ó proxecto do centro comercial e aparcadoiros, que deberá ser supervisado e aprobado pola Consellería de Tráfico, Seguridade e Transportes».

Terceiro.-Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan especial de ordenación do porto de Vigo (expediente 7953/411), formulada pola Autoridade Portuaria de Vigo, por iniciativa do Consorcio da Zona Franca e o Concello de Vigo, segundo

a documentación completa, ca data de setembro de 2002, asinada polo director da autoridade portuaria Luis Lara Rubido e a xefa de división de planificación Beatriz Colunga Fidalgo, corrixida no sentido que se indica no punto anterior, no artigo 29, ordenanza 11, letra B e nos planos 1-12, 1-13 e 1-14, sobre ocupación baixo rasante do aparcadoiro subterráneo vinculado ó centro comercial do peirao da Laxe e resto de instalacións subterráneas.

Cuarto.-Procédase á publicación deste acordo de aprobación definitiva no DOG e da modificación das ordenanzas no BOP, de conformidade co artigo 92.2º Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia; á notificación deste á Autoridade Portuaria de Vigo e demais interesados no expediente, así como ás comunicacións e traslados previstos no punto 3º do devandito artigo».

Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte da publicación deste anuncio.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio, e publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar.

Vigo, 20 de xuño de 2003.

Ventura Pérez Mariño

Alcalde, presidente da Xerencia de Urbanismo