Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 01 de xullo de 2003 Páx. 8.710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se somete a información pública e audiencia ós interesados o decreto polo que se crea a Xunta Consultiva do Parque Natural do Monte Aloia.

Segundo establece o artigo 42 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, para cola

borar na xestión dos espacios naturais protexidos e canaliza-la participación dos propietarios e os intereses sociais e económicos afectados, constituirase, para cada parque natural, unha xunta consultiva de carácter asesor.

Dada a necesidade de someter a información pública e audiencia ós interesados,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública e audiencia ós interesados o decreto polo que se crea a Xunta Consultiva do Parque Natural do Monte Aloia.

Segundo.-Para os mencionados efectos administrativos, porase á disposición dos administrados o decreto polo que se crea a xunta consultiva nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Consellería de Medio Ambiente. San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela.

-Servicio de Espacios Naturais e Biodiversidade da Delegación da Consellería de Medio Ambiente de Pontevedra. R/ Benito Corbal 47, 5º. Pontevedra.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días naturais que comezarán a contar a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2003.

Francisco García-Bobadilla Prósper

Director xeral de Conservación da Natureza