Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 01 de xullo de 2003 Páx. 8.710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da execución da obra de adecuación, clausura e selaxe do vertedoiro de RSU de Manzaneda e Chandrexa de Queixa (Ourense).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: execución da obra de adecuación, clausura e selaxe do vertedoiro de R.S.U. de Manzaneda e Chandrexa de Queixa (Ourense).

2.2. Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: douscentos trinta e sete mil trescentos trinta e cinco euros con oitenta e oito céntimos (237.335,88 euros).

5. Fianza provisional.

2% do orzamento de licitación: 4.746,71 euros.

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de licitación: 9.493,43 euros.

7. Clasificación.

Grupo A, subgrupo 1 e 2, categoría D.

8. Documentación e información.

8.1. Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán ó dispor dos interesados durante o prazo de presentación de proposicións na copistería Copy Nino, sita na rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, en Santiago de Compostela (teléfono 981 58 89 38) e na páxina da Internet:

www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2743

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e estean interesadas en concursar a esta licitación, deberán enviar ó enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a seguir se relacionan:

-No apartado asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

8.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

9.1. Data límite da presentación: ás 14.00 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: Rexistro Xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

10. Apertura da documentación xeral (sobre A).

Realizarase no lugar antes indicado, ás 13.00 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ó do final de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

11. Apertura das ofertas: ás 12.00 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral, no lugar sinalado no punto 9.3.; se coincide en sábado ou festivo, se trasladará ó seguinte día hábil.

12. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2003.

Justo de Benito Basanta

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente