1. Entidade adxudicadora.
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
2.1. Descrición do obxecto: execución da obra de adecuación, clausura e selaxe do vertedoiro de RSU de Muros-Carnota (A Coruña).
2.2. Prazo de execución: seis meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
3.1. Tramitación: urxente.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: un millón trinta e oito mil cento seis euros con trece céntimos (1.038.106,13 euros).
5. Fianza provisional.
2% do orzamento de licitación: 20.762,12 euros.
6. Fianza definitiva.
4% do orzamento de licitación: 41.524,25 euros.
7. Clasificación.
Grupo A, subgrupo 2, categoría E.
8. Documentación e información.
8.1. Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán ó dispor dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na copistería Copy Nino, sita na rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, en Santiago de Compostela (teléfono 981 58 89 38) e na páxina da Internet:
www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2740
Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e estean interesadas en concursar a esta licitación deberán enviar ó enderezo de correo electrónico rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a seguir se relacionan:
-No epígrafe asunto: obxecto do prego.
-Nome da empresa.
-Nº de teléfono.
8.2. Información.
Teléfono: 981 54 17 49.
9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.
9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.
9.3. Lugar de presentación:
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: San Lázaro, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
10. Apertura da documentación xeral (sobres A).
Realizarase no lugar antes indicado, ás 13.00 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ó do final de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.
11. Apertura das ofertas.
Ás 12.00 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral, no lugar sinalado no punto 9.3.; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.
12. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2003.
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente