Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 30 de xuño de 2003 Páx. 8.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente por decreto da alcaldía con data do 30 de maio de 2003, o texto refundido do Plan de sectorización para parque empresarial que se vai desenvolver no SAU-1, estrada nacional 640 km 227-228, Caldas de Reis, promovido por Alberto Blanco Leiro, en nome e representación de Urbins Nau, S.A. e redactado polos arquitectos Marcos Fernández Álvarez-Santullano, e Santiago Domínguez Baltar, con data de visado colexial 15-5-2003 e 21-5-2003. Conforme o previsto no artigo 86.1º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá ser examinado na secretaría deste concello e presentarse reclamacións ou suxestións que se desexen.

Caldas de Reis, 2 de xuño de 2003.

José María Tobío Barreira

Alcalde