Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 30 de xuño de 2003 Páx. 8.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno en sesión con data do vintecinco de abril de dous mil tres o texto do convenio subscrito entre o Concello de Caldas de Reis e Dolores Pérez Rey-Vasadre, María del Mar Víctor Piñeiro, Pilar Touceda Pérez e os irmáns María Luisa, María Amparo e José Luis Limia Pérez, propietarios do predio A Canle, conforme o establecido no artigo 237 da Lei 9/2002, sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles contados a partir do día seguinte a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá ser examinado na secretaría deste concello e presentarse reclamacións ou suxestións que se desexen.

Caldas de Reis, 29 de maio de 2003.

José María Tobío Barreira

Alcalde