Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 30 de xuño de 2003 Páx. 8.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUROS

ANUNCIO de exposición ó público do plan especial de protección da vila de Muros.

O Concello de Muros anuncia a exposición ó público do plan especial de protección do conxunto histórico-artístico de Muros elaborado por Oficina de Planeamento, S.A. e aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación na sesión do 24 de febreiro de 2003, coa finalidade de que as persoas e as entidades interesadas poidan presenta-las suxestións e reclamacións que xulguen oportunas, en cumprimento do que dispón o artigo 86.1º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística de Galicia.

O prazo de exposición ó público é dun mes contado desde que se publique o anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación do plan está ó dispor do público nas oficinas municipais da casa do concello.

Muros, 23 de xuño de 2003.

Xoán Manuel Bazarra Agulla

Primeiro tenente de alcalde