Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 30 de xuño de 2003 Páx. 8.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 29 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as propostas de resolución dos expedientes sancionadores OU 004/2003 IN e OU 065/2003 IN, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalará a seguir, as propostas de resolución dos correspondentes expedientes sancionadores por presunta infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais e ó seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coas resolucións respectivas especificadas no anexo que se xunta, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar, e achegar por escrito as alegacións e os documentos, informacións ou propostas de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos segundo o establecido no Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial de Medio Ambiente de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario poderá implica-la terminación do procedemento sen prexuízo da posibilidade de interpoñe-los recursos procedentes (artigo 8.2º do Real decreto 1398/1993). O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense.

Ourense, 29 de maio de 2003.

Montserrat González Pérez

Instructora

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente nº/ano: OU 004/2003 IN.

Denunciado: Celestino Jiménez Jiménez.

DNI: 14246083-K.

Último enderezo coñecido: r/ Sanabria nº 42, 24400 Ponferrada.

Feito denunciado: abandono de vehículo BI-9844-AY.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e IF.

Sanción: 300,51 euros.

Expediente nº/ano: OU 065/2003 IN.

Denunciado: José Luis Fernández Bastos.

DNI: 36061278.

Último enderezo coñecido: Beade-Saa nº 76, 36312 Vigo.

Feito denunciado: abandono de vehículo PO-2845-AD.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e IF.

Sanción: 300,51 euros.