Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 30 de xuño de 2003 Páx. 8.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVICIOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2003 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adxudicación do contrato de execución das obras do proxecto de clave OH.236.529 e tres máis.

A) Obra.

1. Título: abastecemento de auga a Malvas e Pexegueiro. Tui (Pontevedra).

Clave: OH.236.529.

Orzamento base de licitación: cincocentos vintesete mil catrocentos setenta e sete euros e setenta e sete céntimos (527.477,77 euros).

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

2. Título: ampliación e mellora dos bombeos e impulsións de Bastiagueiro, A Pasaxe e Santa Cruz. Oleiros (A Coruña).

Clave: OH.315.549.

Orzamento base de licitación: dous millóns cento setenta e catro mil setecentos setenta e un euros e setenta e un céntimos (2.174.771,71 euros).

Prazo de execución: dez (10) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría f.

Garantía provisional: non se esixe.

3. Título: ampliación e mellora dos bombeos e impulsións de Ponte de Cela e O Temple. Cambre (A Coruña).

Clave: OH.315.551.

Orzamento base de licitación: un millón seiscentos corenta e catro mil douscentos catro euros e setenta e seis céntimos (1.644.204,76 euros).

Prazo de execución: dez (10) meses.

Clasificación: grupo E, subrupo 1, categoría e.

Garantía provisional: non se esixe.

4. Título: ampliación e mellora dos bombeos e impulsións de Acea de Ama e O Portádego. Culleredo (A Coruña).

Clave: OH.315.552.

Orzamento base de licitación: dous millóns douscentos once mil cento vinte euros e trinta céntimos (2.211.120,30 euros).

Prazo de execución: dez (10) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría f.

Garantía provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Cofinanciamento comunitario.

As actuacións referidas ás obras nos 2, 3 e 4 do epígrafe A) anterior están cofinanciadas con cargos ós fondos de Cohesión da Unión Europea nun oitenta por cento (80%).

C) Documentación e información de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto estarán de manifesto e ó dispor dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas), na Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, Consellería de Medio Ambiente, (rúa Doutor Maceira nº 18, 15706 Santiago de Compostela. Teléfonos: 981 56 09 10/981 56 09 11, fax 981 56 07 91/981 52 38 67).

Poderá obterse unha copia, por conta dos licitadores, dos citados prego e proxecto na copistería Copy Nino (rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, galerías-baixo-Santiago de Compostela, teléfono 981 58 89 38).

Así mesmo, o prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación estará dispoñible no seguinte enderezo da Internet: http:/www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N= 2732, 2733, 2734 e 2735 (un número para acceder a cada obra).

D) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no epígrafe anterior, agás nos casos establecidos no artigo 35 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño), e unha garantía definitiva equivalente ó catro por cento (4%) do orzamento base de licitación.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación vixente.

E) Modelo de proposición.

Proposición formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

F) Lugar e prazo de presentación das proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobres pechados no rexistro xeral da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos nos días e horas hábiles de oficina establecidos no epígrafe C) anterior, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado na forma indicada no artigo 80.4º do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro).

Cando a documentación para concorrer á licitación se envíe por correo, o licitador deberá anunciar ó órgano de contratación a citada remisión mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día, xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

G) Apertura das proposicións.

O acto público de apertura das proposicións (sobre B) será realizado pola mesa de contratación, ás 9.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos. Se ese día coincidise en sábado, domingo ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

H) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica na cláusula 2.2.6, constitución e funcionamento da mesa de contratación, do prego de cláusulas administrativas particulares.

I) Variantes.

Segundo o especificado no epígrafe F do cadro de características do contrato.

J) Documentos que deberán presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

K) Gastos dos anuncios.

Os anuncios deste concurso público serán por conta dos adxudicatarios a prorrateo.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2003.

Emilio García Gallego

Presidente da Empresa Pública de Obras

e Servicios Hidráulicos