Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 30 de xuño de 2003 Páx. 8.588

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2003 pola que se conceden as axudas para a constitución de redes temáticas convocadas no anexo V da resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 30 de decembro de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 7 de xaneiro de 2003).

Por resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 30 de decembro de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 7 de xaneiro de 2003), abriuse o prazo de solicitudes de axudas para a constitución de redes temáticas, conforme as bases recollidas no anexo V da orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 1 de abril de 2002, (Diario Oficial de Galicia do 10 de abril).

De acordo co Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e se distribúe a competencia para o exercicio da potestade sancionadora, as competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento foron asumidas pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo ás dispoñibilidades de crédito e por proposta elaborada pola Comisión de Selección de Investigación, creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro (Diario Oficial de Galicia do 6 de febreiro) e orde da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, do 11 de marzo de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 19 de marzo) pola que se nomean os seus membros, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-las axudas para a constitución de redes temáticas ós beneficiarios que se citan no anexo á presente resolución, na contía que se sinala.

As axudas concedidas teñen unha duración dun ano contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Segundo.-De conformidade coa base 7 da convocatoria, os beneficiarios destas axudas quedan obrigados a presentaren unha memoria científica final que resuma o alcance dos obxectivos propostos na solicitude, xunto cunha descrición dos gastos efectuados e o equipamento adquirido.

A inobservancia por parte dos beneficiarios, de calquera dos requisitos establecidos na orde de convocatoria, suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Terceiro.-A subvención será librada a través do organismo ó que pertenza o investigador que actúa como responsable e coordinador da solicitude.

Antes do pagamento, os beneficiarios están obrigados a presentar unha declaración complementaria das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou con

cedidas como as pendentes de resolución para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Cuarto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2003.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio

ANEXO

-Beneficiario: Doallo Biempica, Ramón.

Organismo: Universidade da Coruña.

Denominación: Rede Galega de Computación Grid e procesamento distribuído.

Importe 2003: 5.000,00 A.

Importe 2004: 5.000,00 A.

-Beneficiario: Paz González, Antonio.

Organismo: Universidade da Coruña.

Denominación: Erosión hídrica en relación coa calidade da auga.

Improte 2003: 5.000,00 A.

Importe 2004: 5.000,00 A.

-Beneficiario: Rivas Rey, José.

Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

Denominación: Rede de nanotecnoloxía de Galicia.

Importe 2003: 9.000,00 A.

Importe 2004: 9.000,00 A.

Totais:

Importe 2003: 19.000,00 A.

Importe 2004: 19.000,00 A.