Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 30 de xuño de 2003 Páx. 8.587

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECIÓN de erros.-Orde do 19 de maio de 2003 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a pequenos comerciantes individuais autónomos que abandonen a actividade comercial en desenvolvemento do programa cuadrienal de modernización do sector do comercio polo miúdo de Galicia.

Adevertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 117 do 18 de xuño de 2003, cómpre face-las seguintes correcións:

Na páxina 7.973, o Anexo II, punto 7, onde di: «Declaración xurada que conteña o compromiso do peticionario, para o caso de que se lle outorgue a axuda, de causar baixa no réxime de autónomos, ou de subscribi-lo convenio coa Seguridade Social no caso de non reuni-lo período mínimo de carencia esixido para causar dereito á prestación por xubilación ó alcanza-los 60 anos de idade.», debe dicir: «Declaración xurada que conteña o compromiso do peticionario, para o caso de que se lle outorgue a axuda, de causar baixa no réxime de autónomos, ou de subscribi-lo convenio coa Seguridade Social no caso de non reuni-lo período mínimo de carencia esixido para causar dereito á prestación por xubilación ó alcanza-los 65 anos de idade.»