Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 30 de xuño de 2003 Páx. 8.585

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 292/2003, do 19 de xuño, polo que se dispón o nomeamento de Néstor Valcárcel Teijeiro como membro do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 4, 5 e 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, e nos artigos 7 e 10 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve esta, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezanove de xuño do dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Noméase membro do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas na Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, en representación da Administración educativa, a Néstor Valcárcel Teijeiro.

Artigo 2º

O mandato será polo tempo que resta para completa-lo mandato na representación que ostenta e ata que se proceda á legal renovación por metades que establece o artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia.

Disposición derradeira

Única.-Este decreto entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezanove de xuño de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO