Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 27 de xuño de 2003 Páx. 8.547

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2003 pola que se fai público o límite de crédito dispoñible para a concesión de axudas no ano 2003, ó abeiro do vixente convenio de apoio financeiro ó sector pesqueiro galego subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras.

O convenio de apoio financeiro ó sector pesqueiro subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras, publicado mediante Resolución do 22 de xuño de 2001 (DOG nº 133, do 10 de xullo), prevé na súa cláusula 1ª a publicación anual no Diario Oficial de Galicia do límite de crédito dispoñible para a concesión de axudas e as partidas orzamentarias asignadas ó seu financiamento.

Como sexa que se consideran cumpridos os obxectivos do convenio e estando este en trámite de denuncia con efectos do 1 de xaneiro de 2004, para efectos de atende-los proxectos de investimento que tivesen unha resolución de concesión de subvención de data anterior ó 31 de decembro de 2002, ó abeiro das ordes da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, de datas 14, 17, 26 de xullo e 21 de setembro de 2000, procede facer público o importe da anualidade do 2003 do citado convenio.

Polo que antecede,

RESOLVO:

Único.-Facer público que para o ano 2003, no ámbito do convenio de apoio financeiro ó sector pesqueiro galego subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras, publicado mediante Resolución do 22 de xuño de

2001 (DOG nº 133, do 10 de xullo) non poderá supera-los 7.212.125 euros e que as axudas se financiarán con cargo ás aplicacións orzamentarias 02.01.01/05/01.656700, 02.01.01/05/02.656700, 02.01.01/05/03.656700, 02.01.01/05/04.656700 e 02.01.01/05/05.656700.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica