Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 27 de xuño de 2003 Páx. 8.538

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Transportes Auto Galicia, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Transportes Auto Galicia, S.L., con nº de código 3601242, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 25-4-2003, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, o 3-4-2003. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 23 de maio de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo para a empresa Transportes Auto Galicia, S.L.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio regula as relacións laborais da empresa Transportes Auto Galicia, S.L., e afecta a todo o persoal pertencente ó cadro, así como ós traballadores que ingresen durante a súa vixencia.

Artigo 2º.- Duración e vixencia.

Este convenio entrará en vigor o día da súa publicación no BOP, se ben os seus efectos económicos se retrotraerán ó 1 de abril de 2003. Terá unha duración dun ano e entenderase prorrogado de ano en ano, agás denuncia de calquera das partes con tres meses de antelación, polo menos, á data do seu remate. A dita denuncia deberá facerse por escrito dirixido á outra parte afectada polo convenio.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Estas normas obrigan á totalidade do persoal contratado pola empresa, tanto se realizan función técnica como manual, exceptuando unicamente aquelas persoas ás que alude o artigo 2º do Estatuto dos traballadores.

Artigo 4º.-Compensación de melloras.

As condicións pactadas son compensables na súa totalidade coas que xa viñeran rexendo por mellora voluntaria concedida pola empresa.

Artigo 5º.-Absorción.

As melloras que por disposición legal ou regulamentaria poidan establecerse no futuro, serán absorbibles polos aumentos acordados neste convenio, sempre e cando superen os beneficios que se concedan no seu conxunto.

Artigo 6º.-Situacións persoais.

Respectaranse as situacións persoais que con carácter de cómputo anual excedan destas normas estrictamente ad personam.

Como as melloras económicas que se implantan en virtude deste convenio, teñen o carácter de mínimas no seu conxunto, subsistirán os pactos, cláusulas e situacións de feito establecidas por costume xeral ou de lugar, implantadas pola empresa, que significaran condicións máis beneficiosas para os traballadores.

Artigo 7º.-Soldos e salarios.

O persoal afectado por este convenio, segundo as categorías, deberá rexerse pola táboa salarial anexa.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias do ano, aboaranse na contía de trinta días e serán calculadas sobre a táboa salarial que corresponda, maila antigüidade, se é o caso. Denominaranse 25 de xullo, Nadal e

beneficios, e faranse efectivas antes do 22 de xullo, 22 de decembro e 15 de marzo, respectivamente.

Artigo 9º.-Vacacións.

O período anual de vacacións será de trinta días naturais. A data do seu desfrute fixarase de común acordo entre o empresario e o traballador, que tamén poderán convi-la división en varios períodos.

Artigo 10º.-Antigüidade.

A promoción económica en función do traballo desenvolvido, que se devengará desde o día 1 do mes natural seguinte ó seu vencemento, queda fixada nun 5% do salario base ós cinco anos, un 10% ós dez anos, un 15% ós quince anos, e un 20% ós vinte ou máis anos de servicios computables.

Ós traballadores que viñesen percibindo importes polo concepto de antigüidade, calquera que fose a súa denominación, en contía superior á que resulte do novo sistema establecido no parágrafo anterior, respectaráselles a título persoal, mentres lles resulte máis favorable, o dereito a cobra-la cantidade que viñesen percibindo por tal concepto o 31 de decembro de 1997; ós que nesa data estean en curso de adquisición dun novo tramo temporal recoñeceráselle-lo dereito a cobrar, a título persoal, a cantidade que terían devengado ó consolidalo, calculada de acordo cos salarios vixentes en tal momento.

Artigo 11º.-Axudas de custo.

O persoal que saia da súa residencia por causas do servicio, terá dereito a percibir unha indemnización polos gastos que se lle orixinen, que recibirá o nome de axudas de custo.

No caso de que non se traslade en vehículo da empresa, terá dereito a que se lle aboe o importe do billete en segunda clase, con dereito a liteira, se a viaxe fose nocturna.

1º Galicia: 31,77 euros a axuda de custo completa, repartidas en 8,66 euros o xantar, 8,66 euros a cea e 14,45 euros a pernoitación.

2º Territorio nacional e Portugal: 38,09 euros a axuda de custo completa, repartidas en 10,40 euros o xantar, 10,40 euros a cea e 16,99 euros a pernoitación.

3º Restantes países europeos: 69,87 euros a axuda de custo completa, repartidas en 19,05 euros o xantar, 19,05 euros a cea e 31,77 a pernoitación.

A empresa terá a facultade de asumi-lo pagamento de aloxamento e comida do traballador en substitución de axudas de custo.

Nos casos de destacamento, as axudas de custo establecidas neste artigo sufrirán unha reducción do 33%, sen prexuízo da facultade que o precedente parágrafo lle recoñece á empresa.

Devengarán axudas de custo enteiras os que saian da súa residencia antes das doce horas e regresen despois das cero horas.

Percibirase a parte de axuda de custo correspondente ó xantar, sempre que o traballador saia da súa residencia antes das doce horas e regrese despois das catorce horas.

Cobraranse axudas de custo para a cea, cando a saída se efectúe antes das vinte horas e a chegada sexa despois das vintedúas horas.

A pernoitación corresponde ós que cheguen á residencia despois das cero horas.

Artigo 12º.-Xornada de traballo.

A xornada semanal ordinaria de traballo será de 40 horas efectivas para todo o persoal, de acordo co Estatuto dos traballadores. A xornada anual ordinaria será de 1.826 horas e 27 minutos de traballo efectivo. Cando a súa distribución no nivel de empresa supoña a superación das 40 horas semanais, o control e o cómputo da xornada verificarase trimestralmente en termos de media. Cando por razóns obxectivas sexa necesario, as partes negociarán outros sistemas de cómputo e control; respectarase en todo caso o tempo máximo de xornada ordinaria anual mencionada anteriormente.

Para efectos de xornada, será de aplicación o disposto no Real decreto 1561/1995, do 8 de novembro, e demais normas específicas para o sector de transportes.

Artigo 13º.-Traballo en domingos e festivos.

Os domingos e festivos que por necesidades do servicio sexan traballados, ou ben se dará o descanso outro día da semana anterior ou posterior, ou serán aboados co incremento que sinale a lexislación laboral vixente.

Artigo 14º.-Licencias e permisos.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguintes:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Dous días nos casos de nacemento de fillos ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando, con tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

c) Un día por traslado do domicilio habitual.

d) Polo tempo indispensable, para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, observarase o que esta dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo, debido en máis do 20% das horas laborables, nun período de tres meses, a empresa poderá pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia regulada no punto 1º do artigo 46 do Estatuto dos tra

balladores. No suposto de que o traballador por cumprimento do deber ou desempeño do cargo perciba unha indemnización, descontarase o importe desta do salario a que teña dereito na empresa.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

Artigo 15º.-Cesamentos.

Todo empregado terá dereito a rescindi-lo seu contrato de traballo, sen estar obrigado a alega-las causas da súa determinación.

Para iso, o persoal comunicaralle á dirección da empresa a data do seu cesamento cunha antelación mínima de 15 días, excepto para o persoal non cualificado, para o cal o aviso será de oito días.

Cando un traballador pretenda a rescisión do contrato, deberá seguir prestando os seus servicios mentres non transcorran os prazos sinalados neste artigo.

O abandono do posto de traballo, sen que transcorresen os prazos sinalados, será penalizado cunha sanción económica equivalente ó salario base dos días que falten desde o abandono do servicio ata a data en que, cumprido o trámite de aviso previo, lle correspondese o cesamento.

Artigo 16º.-Excedencias.

Aplicarase o establecido no Estatuto dos traballadores.

Artigo 17º.-Uniformes.

A empresa e o traballador cumprirán, canto se refire ós uniformes, de acordo co que determina o vixente acordo xeral para as empresas de transportes de mercadorías por estrada.

Artigo 18º.-Seguro de accidente laboral.

A empresa contratará, totalmente ó seu cargo, un seguro colectivo a favor dos seus traballadores, de 21.035,42 euros por cada un, de forma que, en caso de falecemento ou invalidez permanente total absoluta ou gran invalidez derivados por accidente laboral, ó servicio da empresa, a citada cantidade sexa cobrada polos seus herdeiros legais ou polo propio traballador, se é o caso.

Este seguro non constitúe unha substitución das obrigas da empresa en materia de Seguridade Social, senón un complemento dela.

Artigo 19º.-Accidente de traballo e enfermidade.

Axustarase ó establecido na lexislación laboral, no Estatuto dos traballadores e nas demais disposicións vixentes.

Artigo 20º.-Servicio militar.

O persoal que se incorpore ó servicio militar, terá reservado o posto de traballo que viña desempeñando, e computaralle o dito período para a antigüidade na empresa. Para iso deixará constancia por escrito da súa intención de volver á empresa unha vez rematado aquel e deberá incorporarse a

ela no prazo máximo de 30 días naturais a partir do remate do servicio militar.

Artigo 21º.-Pagamento de multas.

As multas por infracción de tráfico imputables á culpa ou imprudencia do traballador serán aboadas por este. En caso de que a infracción non se deba a culpa ou imprudencia do traballador, as multas serán aboadas pola empresa.

Artigo 22º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non expresamente previsto neste convenio, observarase o disposto na normativa vixente para as empresas de transportes por estrada e demais disposicións vixentes.

Artigo 23º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación das cláusulas deste convenio, a comisión paritaria estará formada por dous representantes da empresa e dous representantes dos traballadores, de entre os que tomaron parte na comisión negociadora.

Artigo 24º.-Partes asinantes.

Son partes asinantes deste convenio o xerente da empresa, o delegado de persoal, así como os traballadores do cadro de persoal que figuren na acta.

Vigo, 3 de abril de 2003.

ANEXO

Táboa de salarios

(Vixencia do 1-4-2003 ó 31-3-2004)

Categorías Euros

* Grupo I. Persoal superior e técnicos:

-Subgrupo A
Xefe de servicio1.048,03 mes
Inspector principal917,02 mes

-Subgrupo B
Enxeñeiros e licenciados962,06 mes
Enxeñeiros técnicos e aux. titulados736,89 mes
Axudantes técnicos sanitarios671,43 mes

* Grupo II. Persoal administrativo:
Xefe de sección764,19 mes
Xefe de negociado709,61 mes
Inspector-visitador682,85 mes
Oficial de primeira671,14 mes
Oficial de segunda615,17 mes
Auxiliar administrativo572,46 mes
Aspirantes de 16 e 17 anosSalario segundo idade

-Sección 2ª. Persoal de axencias de transporte:
Encargado xeral791,53 mes
Encargado de almacén755,10 mes
Capataz718,71 mes
Auxiliar de almacén e basculeiro607,37 mes
Mozo especializado22,10 día
Mozo carga, descarga e reparto20,71 día

-Subgrupo B. Transporte de mercadorías:
Xefe de tráfico de primeira791,53 mes
Xefe de tráfico de segunda755,10 mes
Xefe de tráfico de terceira718,72 mes
Conductor-mecánico23,68 día
Conductor22,86 día
Conductor de motocicletas e furgonetas22,10 día
Axudante21,48 día
Mozo especializado21,40 día
Mozo de carga, descarga e reparto20,70 día

* Grupo V. Persoal subalterno:
Cobrador de facturas575,23 mes

Categorías Euros

Telefonista575,23 mes
Porteiro575,23 mes
Vixilante575,23 mes
Limpadora (por horas)2,19 hora
Mozos de 16 e 17 anosSalario segundo idade