Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 26 de xuño de 2003 Páx. 8.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2003 polo que se lle cancela a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Corcontrol, S.A. con domicilio no Polígono Industrial de Bergondo, rúa Lubre, parcela G-14, 15165 Bergondo (A Coruña).

De acordo co establecido nos artigos 2º, 3º do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro) polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control da calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construccións, conforme establecen os artigos 12.h e 18.3.1.a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLVE:

Cancelar, a petición propia, a acreditación e a súa inscrición no Rexistro de Laboratorios de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción a Corcontrol, S.A. con domicilio no Polígono Industrial de Bergondo, r/ Lubre, parcela G-14, 15165 Bergondo (A Coruña), nas áreas de:

HA-Área de control de formigón en masa ou armado e os seus materiais constituíntes. Cemento, áridos, auga, aceiro para armaduras, adicións e aditivos co número 15027HA02.

SE-Área de ensaios de laboratorio de mecánica do solo co número 15028SE02.

ST-Área de toma de mostras inalteradas, ensaios e probas in situ de solos, co número 15047ST02.

SV-Área de solos, áridos, mesturas bituminosas e os seus materiais constituíntes en vías co número 15056SV02.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2003.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo