Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 26 de xuño de 2003 Páx. 8.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 3 de xuño de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifican os requirimentos de documentación incompleta en relación cos expedientes e persoas que se relacionan no anexo, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) intentada a notificación persoal nos últimos domicilios coñecidos dos interesados, sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación efectuado polo xefe da Área Provincial do IGVS, que literalmente transcrito di:

«Examinada a documentación complementaria presentada por vostede, ó abeiro do Real decreto 1186/1998, do 12 de xuño, observouse a existencia de deficiencias que deberá emendar no prazo de 10 días contados desde o seguinte ó recibo desta notificación, de conformidade co artigo 71 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, achegando os documentos que se relacionan no anexo.

De non dar cumprimento o interesado no prazo indicado, terase por desistido da súa petición».

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: 36-G-0514/02.

Interesado: José Verdura González.

Último enderezo coñecido: Camiño da Decoita, edif. Las Palmeras, portal 1, 3º B (A Estrada).

Intentos de notificación persoal: o 5-5-2003 ás 12.00 h e o 7-5-2003 ás 13.30 h.

Documentación requirida:

* Certificado de non ter débedas da Dirección Xeral de Política Financeira e do Tesouro da Xunta de Galicia da unidade familiar.

* Certificado de non ter débedas da Tesourería da Seguridade Social da unidade familiar.

* Certificado de non ter débedas da Axencia Estatal de Administración Tributaria da unidade familiar.

-Expediente: 36-G-0004/03.

Interesado: Raúl Verdura Barros.

Último enderezo coñecido: rúa Fermín Bouza Brei, núm. 34, edif. Las Palmeras, portal 3, 2º I (A Estrada).

Intentos de notificación persoal: o 5-5-2003 ás 11.30 h e o 7-5-203 ás 10.35 h.

Documentación requirida:

* Certificado de non ter débedas da Dirección Xeral de Política Financeira e do Tesouro da Xunta de Galicia da unidade familiar.

* Certificado de non ter débedas da Tesourería da Seguridade Social da unidade familiar.

* Certificado de non ter débedas da Axencia Estatal de Administración Tributaria da unidade familiar.

-Expediente: 36-G-0512/02.

Interesado: José Duarte Caballal.

Último enderezo coñecido: Camiño de Decoita, edif. Las Palmeras, portal 3, 2º K (A Estrada).

Intentos de notificación persoal: o 5-5-2003 ás 10.55 h e o 7-5-2003 ás 11.40 h.

Documentación requirida:

* Certificado de non ter débedas da Dirección Xeral de Política Financeira e do Tesouro da Xunta de Galicia da unidade familiar.

* Certificado de non ter débedas da Axencia Estatal de Administración Tributaria da unidade familiar.

-Expediente: 36-A-0138/02.

Interesado: José Casal Riveiro.

Último enderezo coñecido: Souto María López, núm. 5, 3º D (Caldas de Reis).

Intentos de notificación persoal: o 2-5-2003 ás 13.00 h e o 5-5-2003 ás 12.00 h.

Documentación requirida:

* Certificado de non ter débedas da Dirección Xeral de Política Financeira e do Tesouro da Xunta de Galicia de Carmen Fariña Fariña.

* Certificado de non ter débedas da Tesourería da Seguridade Social de Carmen Fariña Fariña.

* Certificado de non ter débedas da Axencia Estatal de Administración Tributaria de Carmen Fariña Fariña.