Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 26 de xuño de 2003 Páx. 8.479

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2003 polo que se lle concede a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Agbar Certificación, S.L. con domicilio no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, rúa 4, parcela 21, 32901 San Cibrao das Viñas (Ourense).

De acordo co establecido no Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro) polo que se aproba o sistema para a acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, a Orde FOM 2060/2002, do 2 de agosto (BOE do 13 de agosto) pola que se aproban as disposicións reguladoras das áreas de acreditación e a proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do Servicio de Calidade na Edificación, conforme establecen os artigos 12.h e 18.3.1 do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlle a acreditación e inscribir no Rexistro de Laboratorio de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción a Agbar Certificación, S.L. con domicilio no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, r/ 4, parcela-21, 32901 San Cibrao das Viñas (Ourense), polo prazo e condicións a que

se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, na área de:

1.1. Área de control do formigón fresco. Ensaios básicos (EHF).

Número de rexistro 15 002 EHF 03 B.

Segundo.-Calquera variación nas condicións que serviron de base para a acreditación do laboratorio deberá ser comunicada a esta dirección xeral no momento que se produza.

Terceiro.-Este laboratorio e a súa acreditación considérase dependente do laboratorio Agbar Certificación, S.L. inscrito co número 15 001 EHA 03 B.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2003.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo