Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 26 de xuño de 2003 Páx. 8.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a toma de posesión dos predio de substitución na zona de concentración parcelaria de Santa Comba-Belpellós (Agolada-Pontevedra).

Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Santa Comba-Belpellós (Agolada-Pontevedra) e resoltos e notificados tódolos recursos de alzada interpostos contra o mencionado acordo, a Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias resolveu dar posesión dos novos predios, establecendo como data límite para esta o día 30 de agosto de 2003. A dita toma de posesión é obrigatoria para tódolos interesados e no caso de que algún propietario non permita, no prazo indicado, a toma de posesión dos novos predios, será obxecto, logo de apercibimento, de compulsión directa tal e como establece o artigo 45 da Lei de cocentración parcelaria para Galicia.

Os interesados poderán reclamar ante esta delegación, sita na rúa Benito Corbal, 47-7º de Pontevedra, xuntando dictame pericial, sobre diferencias superiores ó dous por cento entre a cabida real dos novos predios e a que conste no expediente de concentración, no prazo de 30 días contados desde o día 1 de setembro de 2003 (artigo 46 de la Lei de concentración parcelaria de Galicia).

Para os efectos oportunos establécense os seguintes prazos de toma de posesión:

a) Labradío sen colleita pendente, prados e pastos: o día 30 de agosto de 2003.

b) Os restantes predios: no momento de seren retiradas as colleitas que estivesen pendentes de recolección no día antes citado.

c) En relación cas árbores existentes nos predios recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre contribuínte e adxudicatario. En caso contrario, poderán ser retiradas polos propietarios das parcelas de contribución no prazo de seis meses contados a partir do día 1 de setembro de 2003, logo de petición, á xefatura do Servicio de Montes e Industrias Forestais, do preceptivo permiso e o informe favorable do Servicio de Medio Ambiente Natural, da Consellería de Medio Ambiente, no caso de ser especies autóctonas protexidas. Transcorrido o referido prazo, enténdese que pertencen ó propietario do novo predio.

Pontevedra, 29 de maio de 2003.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra