Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 26 de xuño de 2003 Páx. 8.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifica a resolución de recurso de alzada presentado contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Albarellos-Vilaza (Monterrei, Ourense), devolta polo servicio de correos.

Por esta resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e, por ser devolta polo Servicio de Correos, notifícase ó interesado que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figuran no anexo, a parte dispositiva da resolución do recurso de alzada interposto por el mesmo, Jenaro Losada Atanes, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Albarellos-Vilaza (Monterrei, Ourense).

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2003.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO

Destinatario: Jenaro Losada Atanes.

Domicilio: avda. Castela, 61, Verín, 32600 Ourense.

Texto:

«Desestima-lo recurso de alzada interposto por Jenaro Losada Atanes (propietario número 491) contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Albarellos-Vilaza (Monterrei, Ourense).

Esta resolución ponlle fin á vía administrativa e contra a mesma cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente no prazo de dous meses contados a partir da recepción da presente, de conformidade co establecido nos artigos 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia e 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que estimen pertinente.

Notifíqueselles ós interesados na forma prevista na lexislación vixente».

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO