Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 26 de xuño de 2003 Páx. 8.466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se declara de utilidade pública a explotación mineira Umia 2723 e se constata a necesidade de ocupación dos terreos necesarios para o fin da expropiación.

Por resolución desta delegación provincial do 9 de xuño de 2003, por instancia da entidade Áridos do Umia, S.A., e de conformidade co disposto nos artigos 105 e 107 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, e 133 do Regulamento para o réxime da minería, e en relación cos artigos 15 e 17 da Lei de expropiación forzosa

RESOLVEU:

Primeiro.-Constata-la declaración de utilidade pública pola concesión da explotación mineira Umia 2.723 a favor da entidade Áridos do Umia, S.A., en virtude da Resolución do 11 de xaneiro de 2002.

Segundo.-Constata-la necesidade de ocupación (implícita na aprobación do plan de labores para o ano 2002 aprobado pola resolución desta delegación provincial do 13 de agosto de 2002), dos predios que se indican na relación que se xunta, indispensables para o fin da expropiación, prestándolle a aprobación.

Terceiro.-Abri-lo período de información pública mediante anuncios que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, BOP e taboleiro de anuncios do concello onde radican os bens, e nun xornal dos de maior circulación da provincia, durante o prazo de 15 días.

Cuarto.-Notificarlles individualmente esta resolución ós propietarios afectados.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da recepción desta notificación.

Pontevedra, 9 de xuño de 2003.

Mª del Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens

PredioSuperficiePropietarioLocalización

111.745 mElvira García ReyParadela, Meis; polígono 11, masa 83

26.175 mBerta Martínez AresParadela, Meis; polígono 11, masa 83

33.130 mValentín Fariña CancelaParadela, Meis; polígono 11, masa 83

43.750 mJosé M. Ruibal MartínezParadela, Meis; polígono 11, masa 83

53.725 mRicardo Castro ReyParadela, Meis; polígono 11, masa 83

63.950 mManuel Fariña CancelaParadela, Meis; polígono 11, masa 83

73.155 mJosé Fariña CancelaParadela, Meis; polígono 11, masa 83

PredioSuperficiePropietarioLocalización

83.805 mDolores Fariña CancelaParadela, Meis; polígono 11, masa 83

92.450 mAníbal Martínez CancelaParadela, Meis; polígono 11, masa 83

104.225 mCamilo Fariña CancelaParadela, Meis; polígono 11, masa 83

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL