Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 26 de xuño de 2003 Páx. 8.452

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo do sector do comercio da pel.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo do sector de comercio da pel, con nº de código 3600335, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 16-5-2003, subscrita pola comisión paritaria do convenio, en data 29-4-2003. De conformidade co disposto nos artigos 14, 15 e 18 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 27 de maio de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Comisión paritaria do convenio colectivo de traballo para o sector do comercio da pel de Pontevedra.

Asistentes:

Representación social:

Por CC.OO.: Jorge Carneiro Penedo.

Por UGT: Roberto Puga Hermida.

Representación empresarial: Manuel Torres Franco.

Secretario: José A. Porcel Villar.

Acta.

En Vigo, ás dezasete horas do día 29 de abril de dous mil tres, na sede da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, previamente convocados, reúnense os compoñentes da comisión paritaria do convenio colectivo provincial do sector de comercio da pel de Pontevedra, que arriba se indican, co fin de procederen á elaboración da táboa salarial anexa para o segundo ano de vixencia do convenio, segundo o previsto nos artigos 14 -salarios e 15 -revisión salarial-, así como para fixa-lo complemento de transporte para este segundo ano, segundo o establecido no artigo 18 do convenio colectivo de aplicación a el.

Constatado o feito de que o índice de prezos ó consumo (IPC) do ano 2002 se situou no 4%, en virtude do establecido no artigo 15, revisión salarial, o exceso producido sobre o 2,25% previsto na devandita cláusula para ese ano cuantifícase no 1,75%.

Na súa virtude, procédese a aplica-lo dito exceso sobre os salarios da táboa vixente o 31-12-2001, engadíndose o resultado ós reinantes ó 31-12-2002, servido de base a táboa resultante para a aplicación do incremento previsto para o segundo ano de vixencia, pactado no IPC real de 2002 máis medio punto, isto é, o 4,5%.

Así mesmo, en virtude do establecido no artigo 18, complemento de transporte, fíxase para o segundo ano de vixencia do convenio este complemento na contía de 56,65 euros (IPC real do ano 2002 máis medio punto, aplicado sobre 54,21 euros).

Unha vez confeccionada e comprobada a devandita táboa e redactado o texto do artigo referido ó complemento de transporte, os membros da comisión paritaria proceden á súa sinatura en proba de conformidade, acordando a súa remisión á delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, para os efectos de que se proceda á súa inscrición no libro-rexistro de convenios colectivos de traballo e posterior publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

E sendo este o único asunto que se vai tratar, levántase a sesión sendo as dezasete trinta horas do día citado ó inicio, de todo o cal as partes dan fe coa súa sinatura.

Artigo 18º.-Complemento de transporte.

Establécese para todo o persoal das empresas afectadas por este convenio, un complemento de transporte que para o ano 2003 será de 56,65 euros mensuais, efectuándose o seu devengo en 12 pagas.

En todo caso, este complemento terá a consideración de concepto extrasalarial para tódolos efectos, polo que non se computará para o cálculo de anti

güidade consolidada, gratificacións extraordinarias, etc., e tampouco se percibirá cando o traballador se atope en situación de incapacidade temporal, quedando, así mesmo, exento de cotización á Seguridade Social.

ANEXO

Táboa salarial anexa

Vixencia do 1-1-2003 ó 31-12-2003

CategoríasSalario/mes

* Grupo I
Enxeñeiros e licenciados836,32
Axudantes técnicos710,77
Practicantes634,09

* Grupo II
Xefe de persoal794,50
Xefe de vendas794,50
Xefe de compras794,50
Encargado xeral794,50
Xefe de almacén710,77
Xefe de sucursal710,77
Xefe de grupo710,77
Xefe de sección635,78
Encargado de establecemento, vendedor, comprador631,56
Viaxante635,78
Corredor de praza600,06
Dependente633,24
Dependente maior694,72
Axudante587,84
Traballadores en formación: 85% do salario da categoría para a que se vai formar (Artigo 23º.-Contratación)

* Grupo III
Xefe administrativo737,47
Xefe de sección685,45
Contable, caixeiro, taquimecanógrafo631,56
Oficial administrativo752,68
Auxiliar de caixa631,56
Auxiliar administrativo631,56

* Grupo IV
Debuxante712,99
Escaparatista631,56
Rotulista631,56
Cortador631,56
Axudante de cortador631,56

* Grupo V
Persoal de limpeza: a razón de euros/hora 4,31
Profesionais de oficio: nas demais categorías non previstas nesta táboa, faranse as asimilacións que correspondan