Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 26 de xuño de 2003 Páx. 8.439

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 7 de maio de 2003 pola que se convocan subvencións para apoia-la comercialización de productos audiovisuais e a presencia en mercados de obras audiovisuais producidas en lingua galega.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 110, do 9 de xuño de 2003, cómpre face-las oportunas correccións:

No artigo 1, parágrafo segundo, onde di: «con cargo á aplicación orzamentaria 10.04.353B.770», debe dicir: «con cargo á aplicación orzamentaria 10.04.353B.770.1».

No artigo 12, ó final do primeiro parágrafo, onde di: «tendo de prazo ata o 31 de outubro, inclusive, de 2003», debe dicir: «antes do remate do exercicio orzamentario 2003».

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL