Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 26 de xuño de 2003 Páx. 8.440

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 18 de xuño de 2003 pola que se resolve a cesión en propiedade de vehículos especialmente preparados para misións de protección civil.

Por Orde do 13 de marzo de 2003 (DOG nº 64, do 1 de abril), a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, anunciou normas para a cesión en propiedade ós concellos galegos de vehículos especialmente preparados para misións de protección civil.

Visto o informe técnico emitido polo servicios provinciais de protección civil e a proposta de resolución da Comisión Avaliadora, en aplicación do artigo 7 da Orde do 13 de marzo,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 13.04.231A.624.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, a cesión en propiedade vehículos especialmente preparados para misións de protección civil, ós concellos da provincia da Coruña: Lousame, Muxía, Ortigueira e Santa Comba; da provincia de Lugo: Lourenzá e A Pobra de Brollón; da provincia de Ourense: Baños de Molgas e Ribadavia; e da provincia de Pontevedra: Cangas, Catoira e Soutomaior segundo se sinala no anexo I.

Segundo.-Notificárlle-lo contido desta resolución ós concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir, e que se formalizará mediante acta na que constará o acordo da cesión e a aceptación do cesionario.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde.

En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2003.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local

ANEXO I

VehículoNº de bastidorConcello

Nissan Terrano 2.7 tdi comfort 5p A/A brancoVSKTVUR20UO 530977Lousame

Nissan Terrano 2.7 tdi comfort 5p A/A brancoVSKTVUR20UO 531096Muxía

Nissan Terrano 2.7 tdi comfort 5p A/A brancoVSKTVUR20UO 531087Ortigueira

VehículoNº de bastidorConcello

Nissan Terrano 2.7 tdi comfort 5p A/A brancoVSKTVUR20UO 531065Santa Comba

Nissan Terrano 2.7 tdi comfort 5p A/A brancoVSKTVUR20UO 530604Lourenzá

Nissan Terrano 2.7 tdi comfort 5p A/A brancoVSKTVUR20UO 530993A Pobra de Brollón

Nissan Terrano 2.7 tdi comfort 5p A/A brancoVSKTVUR20UO 531083Baños de Molgas

Nissan Terrano 2.7 tdi comfort 5p A/A brancoVSKTVUR20UO 531228Ribadavia

Nissan Terrano 2.7 tdi comfort 5p A/A brancoVSKTVUR20UO 531193Cangas

Nissan Terrano 2.7 tdi comfort 5p A/A brancoVSKTVUR20UO 530727Catoira

Nissan Terrano 2.7 tdi comfort 5p A/A brancoVSKTVUR20UO 531884Soutomaior