Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 26 de xuño de 2003 Páx. 8.439

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Política Lingüística, pola que se fai pública a adxudicación dun contrato de servicios por concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dun experto en deseño e desenvolvemento de ferramentas para a análise automática do galego actual.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Política Lingüística.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de servicios.

b) Descrición do obxecto: contratación dun experto en deseño e desenvolvemento de ferramentas para a análise automática do galego actual.

c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 85, do 5 de maio de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 41.830,56 A.

5. Adxudicación:

a) Data: 3 de xuño de 2003.

b) Contratista: Francisco Mario Barcala Rodríguez.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 41.830,56 A.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2003.

Xesús P. González Moreiras

Director xeral de Política Lingüística

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO