Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 26 de xuño de 2003 Páx. 8.437

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, pola que se lle dá cumprimento ó establecido no artigo 9.2º do Decreto 118/2001, do 10 de maio, polo que se regulan as competencias da Comunidade Autónoma en materia de mediación en seguros privados, facendo públicas dúas revogacións da autorización administrativa para o exercicio da actividade de corredoría de seguros.

En aplicación do disposto no artigo 9 do Decreto 118/2001, do 10 de maio, polo que se regulan as competencias da Comunidade Autónoma en materia de mediación en seguros privados, esta dirección

xeral resolveu, a solicitude dos interesados e de acordo coas resolucións dictadas nas datas que se sinalan no anexo, revoga-la autorización administrativa para o exercicio da actividade de corredoría de seguros e dar de baixa no Rexistro Autonómico de Corredores de Seguros, de sociedades de corredoría de Seguros e dos seus altos cargos, ás persoas físicas e xurídicas que figuran no anexo da presente resolución.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2003.

José Álvarez Cobelas

Director xeral de Política Financeira e Tesouro

ANEXO

Clave rexistro: GF-007.

DNI/CIF: 35812444-H.

Apelidos e nome/razón social: Calvar Otero, Rogelio.

Data resolución: 14-4-2003.

Clave rexistro: GX-036.

DNI/CIF: B-27017227.

Apelidos e nome/razón social: Armería Álvarez, S.L.

Data resolución: 21-4-2003.